CONTINÚA O CRECEMENTO DA ESTRUTURA FEMININA DA ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA .

Fani, Sandra e Leny seguen no proxecto do Academia Red Blue 5 Coruña.

 

Tras confirmar o seu bo facer a tempada pasada mantendo a categoría Preferente Galicia Feminina, e sobre todo dando paso a xogadoras en idade Cadete dentro do primeiro equipo, a Academia Red Blue 5 Coruña quere seguir asentando as bases para que a súa estrutura feminina siga crecendo de forma sostible.

Por iso o club quixo dar continuidade as figuras técnicas do proxecto, depositando a súa total confianza na figura de Elena López López, ” Leny”, e Estefanía Martínez Figueroa ” Fani Martínez”. Ambas estarán arroupadas por Sandra Blanco Mato.

Fani Martinez continuará liderando o labor técnico do primeiro equipo unha tempada máis, con esta será a terceira tempada á fronte do primeiro equipo feminino da entidade herculina. Na súa primeira tempada logrou ascender ao equipo á actual categoría Preferente, e a pasada tempada conseguiu o obxectivo da permanencia de forma folgada. Esta tempada preséntase ambiciosa coas novas incorporacións que o club realizou.

Leny López ademais de exercer a capitanía do primeiro equipo por 9ª tempada consecutiva, será a encargada da coordinación do filial e do equipo Alevín Feminino. Leny, todo un referente no club, continuará achegando a súa experiencia unha tempada máis, dando o equilibrio ao equipo e liderando ás máis novas.

Sandra Blanco compaxinará o seu labor como xogadora co labor técnico do equipo Alevín feminino. As xogadoras do equipo de base integradas no club desde a categoría prebenjamín seguen crecendo tempada tras tempada, e tras competir en competicións mixtas, o club decidiu que a presente tempada participen na categoría alevin autonomica feminina.

O club mantén a ilusión tempada tras tempada de seguir crecendo en número de equipos femininos, por iso este ano as xogadoras que a pasada tempada formaban o equipo cadete feminino, formarán un equipo filial que competirá en liga sénior provincial feminina, unha categoría por baixo do primeiro equipo, onde continuarán formándose e alternando a súa presenza co primeiro equipo.

-Foto e Texto : Academia Red Blue 5 Coruña


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies