CONTINÚA O BAILE DE DATAS NA “COPA DA COSTA FEMININA” SEGUINDO CA DESORGANIZACIÓN.

O Bergantiños está na Fase de ascenso da 1ª División Galega.

 

A día de hoxe só hai 2 dos 4 encontros de Cuartos de Final da Copa da Costa Feminina que teñan data de disputa. Xa de sí a orgañización foi nesfats, asinando datas e sen ter en conta que nesas datas os equipos estaban en competición nas fases de ascenso ou permanenza, unhas fases que non son deste mundo. As críticas por parte dos adetradores, xogadoras, e afeccionados son numerosas, pero cando se presentou a “bombo e platillo”, ninguén dixo nada. Tal e como se pode ler nas nosas crónicas nas verbas de varios adestradores, (a maioría), non se ten en conta para nada nin o disfrute, nen a saúde das xogadoras, que teñen que xogar estes encontros co sufrimento de acumulación de partidos, sen poder ir en moitos caos o ser pola semana por estudos ou traballo, etc…

Polo de agora a web da RFGF ten estipulado o Cee-Cerqueda para o vindeiro sábado ás 20:15 horas, xa que ningún dos dous ten competición, e o Nicrariense-Dumbría para o vindeiro martes 6 de Xuño ás 20:30 horas. O Xallas-Miúdas e o Corcubión-Bergantiños ainda non están asinados, pero todo apunta a que as farán xogar tamén o martes que ven. As muradás, dumbriesas e carballesas teñen encontro das fases o vindeiro Domingo…o dito, unha desfeita, dunha copa que se podía xogar perfectamente tralas fases para disfrute das xogadoras e afeccionados. E xa non digamos nada do que están a ser as fases de ascenso e permanenza que son rocambolestas.

 

 

 

-Foto : Bergantiños FC

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies