CONTINÚA HOSPITALIZADO RUBÉN LAGO XOGADOR DO VOLANTES DE BAÑO TRAS SER OPERADO

 

Comezou de mala pata a pretempada para o Volantes de Baño CF e ca peor parte para Rubén Lago Formoso Fillo do adestrador José Manuel “Sil”. O xogador dos de Baño que comezaba con toda ilusión a preparar o inminente desembarco do equipo de Baño, (Muros), na 1ª Galicia G2 por primeira vez na sua historia, sufría a perforación do intestino nun choque fortuito nos adestramentos o chocar nun balón dividido co seu compañeiro o meta do equipo.

Esto sucedía o pasado xoves primeiro de Agosto e tras quedar ingresado era operado o día seguinte. Dende aquela continúa ingresado progresando favorablemente. Contan con que sábado puidera irse a sua casa, sempre e cando as cousas seguan como ata o de agora, cousa que esperamos e desexamos.

Dende piratasdemuxia.es non podemso máis ca desexarlle unha pronta e satisfactoria recuperación e que pronto o vexamos polos campos disfrutando do fútbol cos seus amigos e compañeiros que dende o sucedido están a pasalo mal ver así a un compañeiro e amigo.

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es