CONTINÚA EN AUMENTO O FLUXO DE GRANDES E LUXOSO IATES EN MUXÍA.

O “Beonsea III” iate noruegués nos pantaláns muxiáns.

 

Dende a apertura do Parador Nacional de Turismo en Lourido, (Muxía), o nivel do turismo na Vila da Barca deu un salto exponencial, tanto en calidade como en diversidade o que arrastrou o resto da hostalaría a adecuarse as necesidades. O Camiño de Santiago e a Vía Mariana, (cun gran incremento de peregrinos portugueses), fan que o verán xa esté dende moi cedo, neste caso e nestes meses con grande maioría de visitantes extranxeiros, pero tamén o potenciamento con campañas polo mundo adiante da Marina Deportiva trae turismo de calidade o pobo muxián.

Ademáis da gran cantidade de veleiros e iates que amarran no porto deportivo, (moita para o que levamos do ano), e que a tempada pasada foi a segunda marina deportiva de Galicia en amarres con en torno aos 800, chegan barcos de gran tamaño, o ter os pantaláns que poden albergar maiores barcos na Costa da Morte, e tamén iates de luxo. O porto deportivo muxián é porto estratéxico dos barcos que veñen do norte de Euriopa e que van hacia o Atlántico Sur, Mediterraneo o cruzar o Atlántico.

 

O “Whirldwind” vai ca cuarta semana no porto deportivo muxián.

 

Estes visitantes que contan cunhas instalacións de primeira, teñen tamén a un paso lavandarías, farmacia, restaurantes, bares para o terraceo, (unha das cousas que máis lles gustan), e disfrutan da nosa cultura, paisaxes, paseos e sobre todo gastronomía. Dende principio de mes e ata o final do mesmo estará o “Whirldwind”, (remuiño de vento, o veleiro neozelandés máis grande do mundo no seu estilo, con 28 metros de longo, 7 de manga e 85 toneladas. Pensar que a medida estandar neste tipo de barcos é a de 14-20 metros. Cunha tripulación de 10 persoas leva todo un mes disfrutando de Muxía.

 

 

No día de onte atracaba o iate de luxo “Beonsea”, de 18 metros de eslora, e propiedade dun millonario norugués de Oslo. Estes visitantes non só disfrutan das cousas materiais que lles o ofrece o pobo, senón que tamén disfrutan do odiado polos mariñeiros vento do Nordés con deportes acuaticos e de vento.

 

-Fotos e Texto : Xosé Búa  “Pirata”