CONTINUA A VORÁXINE DE MOVEMENTOS NO BERGANTIÑOS FC 2022/23 CON DUAS FICHAXES NO DÍA DE HOXE.

O meta Abdelkader Salhi, derradeiro en chegar.

 

Seguen a voráxine de movementos no Bergantiños FC para unha nova campaña na 2ª RFEF. 

Contratacións

Adri Pérez, Dani Pedrosa, Jorge Tomé, foron os primeiros en chegar, a estes hai que sumar a Alberto Espeso, lateral dereito procedente do Inter Club Escaldes, (Andorra), Jorge Sellés, procedente do Palencia Cristo, e o derradeiro en chegar, outro lateral dereito, Dani Palomares, que chega dende o Salamanca UD, e tamén hoxe mesmo, o meta arxelino, Abdelkader Salhi, de 29 anos e procedente do Mouloudia Club d’Alger – MCA no que estivo estas dúas últimas temporadas e co que disputou a Copa África de Nacións. Internacional con Arxelia.

Renovacións

José Luis Lemos, (adestrador), Brais Alonso, Pablo Agulló, Marcos Remeseiro, Carlos López, Diego Uzal, Álex Boedo, Iago Martínez, (preparador físico), e Dani Martínez, (2º adestrador e analista), .

Baixas 

O preparador de porteiros, David Yáñez, e os xogadores : Concheiro, Jorge Cano, Brais Pereiro, Martín Lamelas, Iago Parga, Aarón Rama, Yelco Alfaya e Antón Escobar.

 

-Foto : Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia