CONSTERNACIÓN E DOR INMENSO NO CORME CF QUE SUFRÍA NA MAÑÁN DO DOMINGO A MORTE DE, ÁNGEL, XOGADOR DOS VETERANOS NUN ENCONTRO NO “CAMPO O CAIRO”.

 

A fatalidade volveu a cebarse co Corme CF, pouco tempo despois do desgraciado pasamento en accidente de tráfico do xove, Lucas Vicente, (D.E.P.), e na mañán deste Domingo 13 de Febreiro, o xogador do seu equipo de Veteranos, Ángel, (D.E.P.), sufría unha indisposición no Campo O Cairo cormelán, e a pesares dos intentos de reanimación por parte dos presentes, non o conseguía reanimar.

Dende piratasdemuxia.es sumámonos a dor e o duelo, por este duro intre no que se ve sumido o Corme CF, así como a familia e amigos, a todos lles damos moitos ánimos e o noso pésame, D.E.P.

Debido a este desgraciado percance foi suspendido o encontro que o clube cormelán debía xogar en Baio da 15ª xornada da 1ª Galicia.

-Foto e Texto : piratasdemuxia