A bughina pode pasar dos 30 cm de longo.
Como moitas veces na nosa web non só falamos de deportes, e imos a comezar este novo apartado dando a colñecer as cousas da nosa costa. Como mariñeiro con experienza de máis de 4 décadas, ireivos traendo peixes, mariscos, algas, etc, que teñen a sua historia para ilos coñecendo un pouco mellor.
Aquí a tedes, un animaliño que maiormente ten nome feminino, a “Charonia Lampas”, que forma parte da historia dos pobos da costa dende tempos remotos…A “Bughina”, (bujina), como lle chamamos en Muxía, e moitos outros sitios. Busina, bucina, bughino, corno…son algúns doutros nomes que ten. Todos relacionados con para que se usaba…Unha “bocina”. Un instrumento que rompéndolle a punta da espiral, produce un forte asubío agudo que desta maneira valía para avisar de que chegaban inimigos, para avisar que había un naufraxio ou un incendio, para chamar a xente no caso de facer falla axuda en tempos sen luz, nen teléfonos, (ao igual cas campás), no barco para ir tocándoa en compases de tempo cando estaba pechado de borraxo, ou tamén para chamar a xente para a venda da pesca do día, antre moitos outros. Por españa o nome máis común é caracola, ainda que antre a xente do mar tivo unha utilidade parecida.
Un molusco comestible
A bughina é un molusco comestible, ainda que a sua carne é dura ten boas preparacións, como por exemplo, en salpicón, picada con arroz, guisada, en carpaccio, como fumé para arroces e sopas de marisco, ou cortada finiña e rebozada. Tamén hai que dicir que é un animal protexido, e nen se pode coller nen vender dende fai moitos anos.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”