CONFÍRMASE A GRAVE LESIÓN DE MICHELE SOMMA CON ROTURA DESPRAZADA DO MENISCO INTERNO DO XEONLLO DEREITO.

Somma saeu do campo antre bágoas, dor e os aplausos da afección.

 

Confirmouse o que todos nos temíamos nada máis ver os xestos de dor do central deportivista Michele Somma, non foi a temida rotura de ligamentos do xeonllo, pero ainda que menos grave foi unha rotura do menisco interno do seu xeonllo dereito, con desprazamento e que bloquea a articulación. Unha lesión da que o máis normal é que tralas probas médicas pertinentes pase por quirófano, e xa dende o mesmo día da intervención comecen os traballos de recuperación, que andan en torno as 6 semanas, para comezar a facer carreira suave e en torno as 8 para estar dispoñible. Polo tanto hai que esperar a ver as pautas dos galenos e dende o día da intervención serán en torno aos 2 meses para voltar a ver o xogador co grupo.

Así nollo anunciaban os servizos médicos do clube : “Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo confirmaron que Michele Somma sofre unha rotura desprazada do menisco interno que bloquea a articulación do seu xeonllo dereito, precisando de cirurxía. O futbolista italiano, de acordo cos Servizos Médicos do Club, viaxa hoxe luns a Roma para pasar consulta co doutor Pier Paolo Mariani. Nos próximos días, xa con todas as probas completadas, procederase a tomar unha decisión sobre o tratamento definitivo, que en calquera caso requirirá intervención cirúrxica, e sobre a data e lugar da operación á que terá que someterse Michele Somma”.

Unha pena este percance para un chaval de equipo, que estaba o seu ano e a ser o “mariscal” na zaga deportivista ca defensa de 5. O noso desexo dunha pronta e satisfactoria recuperación para Michele Somma.

 

O UD Almería-Depor o 7 de Marzal

A Liga de Fútbol Profesional ven de anunciarnos que o encontro antre o UD Almería e o Depor, correspondente a 31ª xornada de liga será o vindeiro sábado 7 de Marzal a partires das 21:0 00 horas, retasmitido por Gol TV.

 

O Depor presentará alegación o vermello a Vicente

Segundo nos informan O RC Deportivo presentará alegacións o acta do encontro Depor-Girona no que se lle ensina un cartón overmello a Vicente Gómez, por decirle o colexiado Jorge Vázquez Figueroa : “Hoxe non che podo felicitar porque non o fixeches ben”. AQUÍ TES UN ARTIGO SOBRE ESTA ACTA.

 

-Foto e Texto : El Ideal Gallego/piratasdemuxia.es

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

 

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies