CONFIRMADOS OS HORARIOS DA IDA DOS PLAY-OFF DE ASCENSO : “O ENCONTRO DO DEPOR ÚNICO EN DOMINGO…AS RAPAZAS XOGAN A IDA DA FINAL POLO ASCENSO O SÁBADO”.

A RFEF anunciou mal tarde e arrastro os horarios dos encontros da ida dos Play-off de ascenso a 2ª División. Tódolos encontros en sábado agás a eliminatoria estrela a que enfrontará ao Depor e o Castellón, os equipos con maior masa social dos 8 que están en liza. O Depor xogará en Riazor ante os alicantinos a ida o vindeiro Domingo 4 de Xuño a partires das 19:00 horas, (17:00 GMT).

Con todo esto dende a Federación Española non deu os horarios da volta, que serán o 10 e 11 de Xuño, todo facilidades para a afección a hora de orgañizar as viaxes, toda unha xentileza máis deste fútbol español tan mal dirixido.

 

 

O Deportivo feminino o sábado

As rapazas xogarán a ida da final polo ascenso a 1ª División no Estadio Nuevo Los Cármenes o vindeiro sábado 3 de xuño ás 20:00 horas, (18:00 GMT), para enfrontarse ao Granada CF.

 

Ampliado ata mañán a liberación de asentos

Dado o día e a hora da publicación do horario do partido de ida do playoff de ascenso que se disputa no Estadio ABANCA-RIAZOR (domingo 4, 19:00 h.) o RC Deportivo amplía até as 10:00 h. de mañá martes día 30 a posibilidade de liberar os seus asentos para que poidan ser comercializados polo Club e beneficiarse dunha compensación económica.

O prazo para a liberación de asentos, exclusivamente para este primeiro partido de eliminatoria do playoff continúa aberto na páxina https://rcdeportivo.es/liberacionasientos e péchase mañá martes 30 ás 10:00 h.

A través desa páxina realízase o proceso de liberación, para o que só hai que completar o formulario cos datos de abonado do asento a liberar. Unha vez enviado o formulario non será posible reverter o proceso e a localidade quedará definitivamente liberada.

A compensación por liberación na semifinal do Playoff de ascenso a Segunda División corresponderá ao 50% do prezo da entrada da mesma bancada que o abono. O importe descontarase no prezo do abono do RC Deportivo da Temporada 2023-2024. 

 

 

-Foto : RFEF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies