CONFIRMADOS O TRASPASO DE LUCHO A PONFERRADINA, A FINALIZACIÓN DO COTRATO DE RAYCO QUE SE VAI A UNIONISTAS, E A DESPEDIDA DE ATHENEA DEL CASTILLO.

Rayco acabou contrato e vaise ao Unionistas.

 

Seguen os movementos na Praza de Pontevedra e dende o clube confirmábannos o traspaso de Lucho García a SD Ponferradina, e a despedida de Athenea del Castillo, posiblemente a mellor xogadora do equipo fminino, pero unha vez máis o descenso ten consecuencias na plantilla, (sexa da categoría que sexa). 

Por outra banda Rayco acababa contrato e faltaba saber se se lle ía renovar, e este dilema desvelárono dende Salamanca, onde o Unionistas, (rival do Depor a vindeira tempada), anunciaba a incorporación de Rayco no seu palntel. O canario, que estivo un ano no noso clube, xogando no Fabril e subindo o primeiro equipo no mercado de inverno, acabou contrato no día de onte, ao igual que Lara que se despedía, tal e como vos informamos onte.

Así conta o RC Deportivo o traspaso de Lucho

O Real Club Deportivo, a SD Ponferradina e Luis Alberto “Lucho” García Pacheco (Barranquilla, Colombia, 20 de marzo de 1998) chegaron a un acordo para o traspaso do gardameta colombiano ao conxunto berciano. O porteiro branquiazul chegara ao Dépor a pasada temporada procedente do Sevilla FC. Esta campaña xogou 10 partidos de liga e 2 de Copa do Rei defendendo a portería Deportivista.

O Real Club Deportivo quere agradecer sinceramente a Lucho a súa achega, implicación e traballo diario durante a súa etapa no Club, desexándolle os maiores éxitos no seu novo proxecto profesional en LaLiga.

Así se despide publicamente Athenea del Castillo

 

-Foto : RC Deportivo/Athenea del Castillo

-Texto : piratasdemuxia