CONFIRMADOS DAVID VILLASUSO COMO DIRECTOR CORPORATIVO E ALBERT GIL COMO DIRECTOR DO ÁREA DEPORTIVA POLO RC.DEPORTIVO.

O RC Deportivo confirma o que xa era un segredo a voces fai un mes e do que xa vos demos contra trala baixa na diretiva de . Club confirmou a alta como director corporativo financieiro de David Villasuso e na orgañización do área deportiva a Albert Gil. Así nolo contan dende o clube :

Co arranque do mes de xuño, o Real Club Deportivo realiza cambios nos postos de máxima responsabilidade da estrutura corporativa, cunha nova incorporación e un cambio de funcións.

David Villasuso Castaño (A Coruña, 1973) incorpórase á entidade para converterse no novo director corporativo do Real Club Deportivo da Coruña, SAD e as súas sociedades dependentes. Villasuso, accionista e socio do Deportivo desde hai 30 anos, é licenciado en Ciencias Empresariais pola UDC e MBA por IESIDE. Incorpórase ao Club despois de desenvolver a súa carreira profesional en diferentes entidades financeiras con responsabilidades vinculadas ao mundo empresarial. Na súa última etapa en ABANCA liderou a unidade especializada en viabilizar empresas en dificultades e a análise de proxectos especiais.

 

 

Pola súa banda Albert Gil Galve (Barcelona, 1975) é o novo director de organización da área deportiva do Real Club Deportivo. Doutor en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, máster no alto Rendemento Deportivo e con licenza de adestrador UEFA Pro, Gil foi o coordinador do fútbol formativo do Club desde 2014, após o seu paso pola dirección de canteira da Valencia (dúas temporadas), Real Madrid (tres temporadas) e Tigres de México (tres temporadas). Ademais, foi Director da Escola de fútbol do Real Madrid en México, o que une á súa faceta como profesor no máster en Dirección de Fútbol (Universidade Europea-Real Madrid), máster en Preparación Física da RFEF e o máster en Dirección, Metodoloxía e Análise no fútbol de LaLiga.

 

-Foto e texto : RC Deportivo

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies