CONFIRMADO : VASSILIOS LAMPROPOULOS PRIMEIRA FICHAXE DO DEPOR 2019/20

Vassilios pugnando un balón con Ribery.

 

O central grego Vassilios Lampropoulos primeira fichaxe

O cntral grego procedente do AEK Atenas, Vassilios Konstantinos Lampropoulos, (Pyrgos-Grecia 31/03/1990), é a primeira fichaxe do Depor 2019/20. O central que comezou a sua carreira no Olpimpiakos chega ca carta de libertade, tras pasar os derradeiros 5 anos no clube ateniense. 

É internacional polo seu país, no que visteu a nacional en 3 ocasións, unha delas ca Sub 21 e as outras duas ca absoluta, a derradeira en Novembro do pasado ano, nun encontro ante Finlandia que os helenos gañaron po 1-0. Xogou na liga grega toda a sua carreira cun total de 247 encontro nos que marcou 12 goles. Só foi expulsado nunha ocasión.

Ten no seu haber 1 Superliga grega, unha liga e unha Copa e participou en 7 encontros da Champións League co AEK Atenas. 

Xa o contábamos onte e hoxe fíxoo oficial o clube deportivista. En Grecia xa o daban por feito, e máis cando se falaba de que Carmelo del Pozo xa tratou de traelo no mercado de inverno cando chegou o “fiasco” de Íñigo López.

A defensa deportivista é unha das zonas que máis xente precisa, pois Saúl xa se despideu cn boas palabras para todos no seu Twitter, ao igual ca Domingos Duarte, que dende Mallorca mostran interese por él. O Sporting de Lisboa, clube propietario dos seus dereitos pide segundo a prensa lusa 6 millóns de euros polo seu traspaso. O portugués tamén se despideu en twitter, desexando sorte e convencido de que desta non foi pero que pronto estaremos en Primeira, e que aquím aprendeu a “grandeza do clube e do fútbol”.

Outro que ten difícil quedar é Pablo Marí, a menos que se consiga outra cesión con opción de compra, xa que agora mesmo o clube ou vende algo ou terá difícil achegar xogadores, pois con Marí xa ten unha opciónde compra pero é elevada. Toda a confianza está posta en Carmelo del Pozo que o ano pasado con moi pouco remozou o equipo enteiro, e moitos dos que viñeron se recuperamos comentarios das redes sociais, “non os conocen nen na sua casa”, e agora quen nos dera que quedasen.

Para poñer un par de exemplos do logo que algúns comezan a criticar, Quique González era “un paquete que marcoiu 3 goles en 42 encontros e non vale nen para o Fabril”. Ou Dani Giménez, “un vello que xa chega xubilado, peor co ano pasado con Pantilimón, Rubén…”, son algunhas das lindezas que se puideron leer por “supostos” deportivistas.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es