CONFIRMADO : SASA JOVANOVIC NOVO XOGADOR DO DEPOR

 

O RC Deportivo confirma a fichaxe do extremo serbio Jovanovic. Un dos reforzos de derradeira hora dun mercado de fichaxes que acaba hoxe ás 00:00 horas, (22:00 GMT) e que é a primeira dunha serie de fichaxes que están por vir. Esto confirma que Diego Rolán está cedido e xa hai marxe de tope salarial. 

Sasa Jovánovic que para o vindeiro 15 de Nadal cumplirá 28 anos e que o ano pasado xogou no Córdoba do que se foi no inverno para xogar no Al Fateh saudí chegara en calidade de cedido e con opción de compra. O xogador do leste ven a suplir a baixa de Pedro Sánchez. 

O clube ainda non o confirmou pero na prensa mexicana dan por feito que Diego Rolán xogará cedido no Bravos de Ciudad Juárez, (Mexico). Todo apunta a que trala confirmación de Sasa Jovanovic chegará tras resindrio contrato e firmando por 3 anos o lateral esquerdo Salva Ruíz do Valencia CF. Tamén se fala de que poderían chegar o central do Atlético de Madrid, Francisco Montero ou o extremo tamén do clube madrileño, Víctor Mollejo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies