CONFIRMADO : SABÍN MERINO NOVO XOGADOR DEPORTIVISTA.

 

Xa apuntábamos onte que nos chegaba a información de que Sabín Merino, xogador vasco do CD Leganés estaba moi preto de fichar polo RC Deportivo, e tanto que o estaba, pois xa pasou recoñecemento médico e xa está as órdes de Fernando Vázquez para o adestramento de hoxe, tal como nolo indica o equipo deportivista :

“Sabin Merino Zuloaga (Urduliz, Biscaia, 4 de xaneiro de 1992) é, desde esta mañá, novo xogador do Deportivo ata xuño de 2022. O futbolista, tras realizar parte das probas médicas en Madrid, viaxou onte á noite á Coruña e esta mañá poñerase xa ás ordes de Fernando Vázquez na volta ao traballo do equipo ás 10:30 horas.

Sabin Merino xoga como dianteiro e formouse entre as canteiras do Athletic e o Danok Bat, club tamén bilbaíno. Ademais, pasou un ano do seu ciclo formativo en Louisville (Estados Unidos), onde xogou co equipo Javanon FC.

No seu regreso a España, fichou de novo polo Athletic para xogar co Basconia, o terceiro equipo do club branquivermello. Posteriormente subiu ao Bilbao Athletic, co que xogou dúas campañas completas en Segunda B, nas que totalizou 81 partidos e 21 goles, 18 deles clave no ascenso do filial bilbaíno á categoría de prata no curso 2014-2015.

Na campaña 2015-2016 pasou ao primeiro cadro do Athletic, co que comezou con moi bo pé, formando parte do equipo que gañou a Supercopa de España, o primeiro título do club en máis de tres décadas. No Athletic militou catro campañas, xogando 75 encontros (48 en Primeira, 19 na Europa League, 7 de Copa e 1 de Supercopa) e marcando 8 tantos.

As dúas últimas temporadas pertenceu á disciplina do CD Leganés, a primeira delas cedido e a segunda xa en propiedade. Co cadro pepinero xogou 18 partidos (14 en Primeira e 4 en Copa)”.

A nosa máis cordial benvida a Sabín Merino e que volva a reverdecer as suas cualidades connosco.

-Foto  : piratasdemuxia.es

-Texto : piratasdemuxia.es/rcdeportivo.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.