CONFIRMADO : “RUBÉN DE LA BARRERA VOLVE PARA COLLER UN BARCO SEN TIMÓN NEN TIMONEL”.

 

Pasado mañán fara 2 anos que Rubén de la Barrera, (A Coruña, 18 de xaneiro de 1985), non se lle permitía continuar no RC Deportivo coa excusa de que mantera conversas co UD Las palmas. Todo apuntaba daquela que o preferido era Borja Jiménez, que pasou con máis pena que gloria tras regalar a final do Play-Off ante o Albacete, que adestraba, De la Barrera, e que ascendeu a pesares de ter en contra ao clube albaceteño e a sua afección. O pago por este agridoce ascenso para Rubén, foi non renovarlle para a Segunda.

Rubén retona coma o Jedi que levantará a espada de luz cara o trunfo final, chega coma o timonel que colle o timón dun barco que xa fai meses que vai a deriba por non ter ninguén o timón. tarde a decisión no que se refire a un ascenso direto que podía ser moi doado, pero para o que non se estivo a altura, a pesres de ter a mellor plantilla do campionato, e xogadores xoves de contrastada calidade.

Chega o coruñés para dar un plus na lotaría da promoción, e para tratar de facer un proxecto coma o que tiña pensado, para seguir tentando o seu soño de trunfar co depor, pois do que pode presumir é de deportivismo.

Nas suas redes sociais xa deixaba unha mensaxe da gañas que trae : “Con toda a enerxía e paixón. Polo noso ESCUDO e pola nosa XENTE. Tentaremos acadar todo o que merecedes. Xogar, suar e competir, para que sintades orgullo do que realmente sodes”.

O contrato

De la Barrera asina polo que resta de tempada máis unha máis, e con él incorpóranse ao corpo técnico do primeiro equipo Julio Hernando como preparador físico. No seu caso, regresa deste xeito por terceira ocasión á de responsable da parcela física do primeiro equipo branquiazul, como fixera durante tres campañas (2016-2019), ademais do anterior ciclo con de la Barrera (xaneiro-xuño de 2021).

Como segundo adestrador únese ao proxecto deportivista, Fran Noguerol, que xa realizou a mesma función xunto a Rubén na súa última experiencia profesional en Albacete, ademáis da incorporación ao equipo de traballo de Abel Mourelo.

 

O noso desexo de que todo lle vaia do milloriño, pois serán os seus éxitos e os nosos.

 

-Foto e Texto ; Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies