O RC Deportivo ven de anunciar que Óscar Gilsánz, (Betanzos 1973), seguirá o cargo do Depor ata fin de temporada como primeiro adestrador. O seu carón terá a David Lagar, que era o seu segundo de abordo no Fabril e a Antonio Méndez como asistente.
Unha boa nova esta decisión para un home da casa que coñece aos xogadores e que dende que chegou o clube non fixo máis ca encadear éxito tras éxito cos rapaces ascendendo de categoría en categoría con eles. Ademáis será beneficioso para o equipo que non haxa revolución en todo o traballado como acostuma a pasar cando entra adestrador novo, xa que sabe o que ten de velo tótdolos días, no campo de adestramentos e no de xogo, tódolos encontros.
O técnico betanceiro será presentado mañán mércores 6 de Novembro a partires das 13:00 horas en Abegondo tralo adestramento do primeiro equipo.
Que teña boa proa e que lle sonrría a sorte, que será tamén a sorte de todos nós a familia branquiazul.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”