O RC Deportivo ven de confirmar un segredo a voces e que se fixo de rogar polas reticencis do Huesca e non é outro ca o lateral dereito, (tamén pode xogar de central), cercedense, Miguel Loureiro Ameijenda, (A Silva, Cerceda, 21/10/1996). que asina até xuño do 2028. O propio xogador, (desexo de Antonio Hidalgo), puxo da sua parte para voltar o Depor. Deciri que xa está en Inglaterra co equipo e podería xogar mañán, (16:00 hora Galega), ante o Middlesbrougth. Encontro televisado en aberto pola canle de YouTube do RC Deportivo.
Así anuncia o RC Deportivo o seu enrole no barco branquiazul :
Pode actuar como central e lateral. Procede da SD Huesca, onde a temporada pasada (2024-25) en LaLiga Hypermotion, disputou 31 partidos, marcou tres goles e deu unha asistencia. Ademais, sumou un partido na Copa del Rey.
Loureiro ten ampla experiencia na categoría, na que acumula 144 partidos, con 7 goles e 5 asistencias. A eles hai que sumar 12 na Copa.
O novo defensa branquiazul militou anteriormente no CD Lugo, en Segunda División (temporada 2022-23). No club lucense xogou outros 40 partidos, cun gol e unha asistencia.
Nas temporadas 2017-18 e 2018-19, defendeu as cores do Córdoba CF, tamén na categoría de prata do fútbol español. Neste caso, participou en 33 partidos.
Os outros clubs na carreira profesional de Miguel Loureiro foron o Racing de Ferrol, Pontevedra CF e FC Andorra, todos eles en Segunda División B.
O futbolista de Cerceda ten pasado deportivista, posto que pasou por ANOSACANTEIRA en categoría infantil.
Miguel Loureiro convértese no sexto reforzo do Dépor tras as chegadas anteriores de Lucas Noubi, Arnau Comas, Luismi Cruz, Giacomo Quagliata e José Graguera.
En realidade son 7 as fichaxes pois Jairo Noriega tamén foi fichado pero cedido antes de comezar a pretempada ao Ferrol.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
-Texto copiado e foto infantil : RC Deprtivo
