Trala mala nova da destitución de Fernando Vázquez, despois de 3 derrotas consecutivas, era un segredo a voces que o seu sustituto ía a ser o coruñés e deportivista, Rubén de la Barrera.
O clube tardou en comfirmalo, polo que puidemos saber, o estar pechando a saida de Fernando, xa que o acrodo con Rubén foi rápido.
Xunto ao técnico coruñés incorpóranse ao corpo técnico do primeiro equipo José Manuel Martínez Paz ‘Secho’ como segundo adestrador e Julio Hernando como preparador físico. Ambos regresan deste xeito á que fora a súa casa, un como técnico da canteira durante nove temporadas (2005-2013 e 2014-2015) e o outro na mesma función de responsable da parcela física do primeiro equipo durante tres campañas (2016-2019), respectivamente. Comezarán a adestrar mañán en Abegondo para preparar o encontro do Domingo ante o Salamanca.
Estamos disgustados pola destitución dun dos nosos, (que sempre estará nos nosos corazóns e que de seguro que voltará dalgunha maneira), distituido sen ter en conta a mala planificada da plantilla, sen un home que sepa tirar unha falta, un corner, ou un orgañizador de xogo, amén da mala calidade dos dianteiros, ou por pasados de tempo, ou moi xoves, non podemos más ca desexarlle toda a sorte do mundo a Rubén de la Barrera, pois a sua sorte será a nosa, e se por enriba é galego e deportivista, xa ten un punto gañado.
O xove técnico coruñés que cumprirá 36 anos de idade o vindeiro luns, Rubén de la Barrera Fernández, que trunfou fai uns anos ca Cultural Leonesa, a que levou a Segunda División, e non consigueu mantela por moi pouco, adestrou antre outros ademáis da Cultural,ao Guijuelo, Valladolíd “B”, e como 3º adestrador na Real Sociedad. Esta pasada tempada estaba no FC Viitorul de Rumanía, sendo o adestrador máis xove da 1ª División rumana, tras pasar pola líga catarí co Al Ahli.
A pesar de ser coruñés, De la Barrera nunca formou parte da disciplina deportivista, nin como xogador nin como técnico, aínda que si vestiu a camiseta branquiazul durante uns días cando era Alevín. Nunha época na que o Deportivo non contaba con equipos de Xuvenís cara abaixo, De la Barrera, que militaba no Ural CF, formou parte da selección coruñesa que representou ao Deportivo na IV edición do Torneo Nacional Alevín Interclubes, o coñecido popularmente como Torneo de Brunete, en 1997.
-Foto e Texto : piratasdemuxia