CONFIRMADO : NOS ENCONTROS PODERANSE FACER 5 TROCOS E CONVOCATORIAS DE 23 XOGADORES NOS PROFESIONAIS, E 20 NO RESTO..

Pásase dos 3 trocos permitidos a 5, ou 6 se é nunha prorroga.

 

A RFEF confirmou oficialmente que na 1ª e 2ª División do Fútbol Español os equipos poderán convocar ata 23 futbolistas, e poderanse facer 5 trocos por partido e 1 máis no caso das prorrogas dos “Play-Off”, como se se desen por exemplo nas de ascenso a 1ª División, a 2ª, e a 2ª B. Os 5 trocos deberán facerse en 3 paróns para facer troco, agás nos das prórrogas. No que se refire as promocións de ascenso de 2ª B e 3ª División, as convocatorias poderán ser de ata 20 xogadores, e os trocos na mesma norma que para as ligas profesionais.

Ademáis como as ligas de 1ª e 2ª División se terán que rematar en pleno verán, poderá haber ata dous paróns para hidratarse.

Os “Play-Off expréss de ascenso”,  xogaranse serán en sede e campo neutral, a encontro único. No caso de empate nos que busquen o ascenso a 2ª División,  haberá prórroga e en caso de empate penalti, nos que busquen o ascenso a 2ª B, habería prorroga, e no caso de persistir o empate pasaría o de mellor posición na liga regular.

-Texto e Texto : piratasdemuxia.es

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.