CONFIRMADO : MAMADOU KONÉ NOVO XOGADOR DO DEPOR

 

Chega cedido cunha opción de compra

Xa decíamos onte que se Carmelo del Pozo daba tan craramente o seu nome, (coma o de Samuelle Longo), era que a cousa estaba moi encarrilada. Tanto que o xogador xa estaba na Coruña pasando o recoñecemento médico e oxe pola tarde xa adestra co equipo. É entendible a maneira de actura do director deportivo deportivista habida conta do que pasou no mercado de inverno co xaponés Shibasaki, que se truncou todo, con todo feito, media hora antes de pechar o mercado de fichaxes.

Mamadou Koné chega cedido cunha opción de compra por parte do Depor para a vindeira tempada.

Mamadou Koné, (Bingerville-Costa de Marfil, 25/12/2011), de 27 anos de idade, chegou moi xovenciño ao Racing de Santander na 1ª División 2011/12, con tansó 20 anos e xogou 6 encontros. O ano seguinte pasou ao filial santanderino no que só xogou 4 encontros. O descenso do equipo cántabro deulle a oportunidade de voltar o primeiro equipo no que en 3 tempadas acadou 30 goles, en duas tempadas na Segunda e unha na 3ª. Na 2015/16 pasou ao Real Oviedo no que marcou 6 goles en 36 encontros, para logo ao Leganés no que practicamente non xogou, con só 5 encontros en duas tempadas.

O marfileño se chega, buscará a continuidade que lle faltou ultimamente para tratar de recuperar a sua mellor versión.

Sobre Samuelle Longo del Pozo dixo na rolda de prensa de presentación de Kike Vegas, dixo :“Estamos a pensar en varios dianteiros. Non podemos ter un só. Para iso hai varias negociacións abertas ou varias posibilidades. Estas situacións dependen de 3 partes, tanto do xogador, como do club de procedencia. Tanto o de Koné como o de Longo serían xogadores que terían que vir a préstamo ou cedidos. Estamos nesa situación, de ver como evolucionan e telas preparadas por se poderían aparecer. Serían unha ou dúas boas adquisicións…A idea é que se poden vir os dous mellor que uno, un mellor que ningún. E se non vén ningún, virían outros”.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es