CONFIRMADAS POLO RC DEPORTIVO AS LESIÓNS DE ISQUIOS DE BÓVEDA E SALVA RUIZ QUE SERÁN BAIXA.

Beauvue que sufreu unha escordadura nun dedo axudando a Bóveda trala sua lesión.

 

O RC Deportivo confírmanos as lesións de Eneko Bóveda e Salva Ruiz, ainda que non o alcance das mesmas : “Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo confirmaron esta mañá, a raiz das probas realizadas, as lesións musculares de Eneko Bóveda e Salva Ruiz sufridas por ambos os futbolistas o pasado domingo no Estadio San Lázaro Vero Boquete de Santiago. Así, Eneko Bóveda ten danado o bíceps femoral da súa perna esquerda e Salva Ruiz, o semitendinoso dereito. Os dous xogadores estarán os próximos días con tratamento médico e de fisioterapia. Segundo a súa evolución permítao pasarán á fase de readaptación deportiva, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo”. Ambos xogadores serán baixa para o vindeiro Domingo en Salamanca ante o Unionista, encontro para o que Fernando Vázquez adestrará nos adestramentos en campo de céspede artificiao, para habituar os xogadores o mesmo.

Segundo o grao das suas doenzas a volta o grupo cos seus compañeiros poderá ser de maior ou menor duración no tempo . Un dos maiores motivos de preocupación dos corredores son os isquiotibiais, (semitendinoso, semimembranoso e bíceps femoral), localizados na parte posterior da coxa. Deben o seu nome a que os dous primeiros orixínanse no isquion, (o óso da pelvis onde nos apoiamos ao sentarnos). Insérense na yíbia, mentres que o bíceps faio no peroné. Por iso é polo que algúns profesionais prefiran chamalos “isquiosurales”.

Nalgúns casos, a parte proximal (superior), concretamente os tendóns e a súa inserción no isquion, vese afectada como consecuencia da carreira, sobre todo cando se corre a máxima velocidade. Non é unha lesión estraña, pero menos común en calquera caso que no fútbol ou o atletismo, onde os tiróns e as roturas de fibras son máis frecuentes.

A dor da tendinopatía ou entesopatía (refírese á unión do tendón co óso) dos isquiotibiais localízase baixo o pliegue glúteo, limita a carreira, sobre todo ao alongar a zancada, e en ocasións é moi molesto ou incómodo. Todo apunta vistas as imaxes de cando se retiraron Bóveda e Salva, que esta é a sua doenza.

-Foto : RC Deportivo

-Texto ; piatasdemuxia/RC Deportivo/Runner´s world