CONFIRMADAS AS LESIÓNS DE ENEKO BÓVEDA E SABIN MERINO.

Sabin Merino está a pagar pasar da inactividade a xogar asiduamente.

 

A lesión de Eneko Bóveda xa a vimos todos en direto no encontro do pasado sábado ante o Almería e da de Sabin Merino informou Fernando Vázquez na rolda de prensa, xa que foi o motivo do seu troco no descanso do encontro. A espera das probas médicas, a de Eneko parece a de maior gravidad, namentras que a de Sabin apunta as mesmas molestias polas que xa foi baixa nun encontro. Ambos son seria dúbida para o crucial encontro do vindeiro sábado, (21:00 horas-20:00 GMT), en Riazor ante o Sportig de Xixón, en especial a de Bóveda que parece que será para máis tempo.

O clube infórmanos así das lesións : “Os Servizos Médicos realizaron esta mañá probas médicas aos futbolistas Eneko Bóveda e Sabin Merino, que foron substituídos o pasado sábado no Estadio Xogos Mediterráneos de Almería no transcurso do encontro. Ambos os xogadores presentan lesións musculares: no caso de Eneko Bóveda no bíceps femoral da súa perna dereita; e Sabin Merino, no semitendinoso da súa perna dereita. Estarán uns días con tratamento médico e de fisioterapia; e, segundo evolución, pasarán acto seguido á fase de readaptación, baixo a supervisión do readaptador do primeiro cadro, Fran Molano, como paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo”.

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/RC Deportivo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies