CONFIRMADA A LESIÓN NO PSOAS DE TRILLI QUE TEN PARA ARREDOR DUN MES.

“Trilli”, no centro da imaxe con Noel, (esq) e Dani Barcia.

 

O RC Deportivo informa de que, Álvaro Pérez Campo “Trilli”, foi sometido esta mañá a probas médicas complementarias para ditaminar o alcance exacto das molestias sufridas no transcurso do partido da Selección Española Sub-19, ante México do pasado domingo en Benidorm.

“Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo comprobaron que o lateral deportivista sofre unha lesión muscular no psoas ilíaco da súa perna esquerda. Así pois, Trilli estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, pasará a continuación á fase de readaptación física co readaptador Álex Canosa, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo”.

O tempo estimado dunha recuperación total está antre as 4 e as 6 semanas en función de se a lesión é un estiramento, rotura, ou desgarro, e de se é totalmente muscular ou se afecta o tendón, ou viceversa.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia