CONFIRMADA A INCORPORACIÓN DE ISI GÓMEZ AO RC DEPORTIVO 2022/23.

 

Tal e como xa apuntaba o presidente do Córdoba CF, Isi Gómez escolleu o Depor, cando xa tiña un precontrato firmado cos cordobeses, e ainda con contrato co CD Badajoz, o que deixa por impagos.

Dende Córdoba afirman que o RC Deportivo ten que pagarlles unha compensación económica, para desvincular ao xogador madrileño, do contrato prefirmado.

Isaac Gómez Sánchez, máis coñecido como Isi Gómez (Madrid, 28 de outubro de 1995), convértese en novo xogador do RC Deportivo para a Temporada 2022-2023 procedente do CD Badajoz.

Isi Gómez formouse na canteira do Rayo Vallecano, onde fixo historia no curso 2012-13, ao converterse no xogador máis novo en debutar coa camiseta franxivermella, cando saltou ao campo en substitución de Chori Domínguez no minuto 83 do partido de Primeira División no Camp Nou fronte ao FC Barcelona o 17 de marzo de 2013. Isi Gómez tiña 17 anos e 140 días.

No verán de 2016, o centrocampista madrileño saíu do club vallecano para incorporarse ao CF Fuenlabrada, co que chegou a disputar o playoff de ascenso a Segunda. O verán seguinte fichou polo Granada CF, club no que xogou tres campañas no seu filial. As dúas últimas temporadas, Isi Gómez militou nas filas da UD Melilla (2020-21) e o CD Badajoz (2021-22).

En sete campañas na categoría de bronce do fútbol nacional, Isi Gómez suma 159 encontros (126 como titular) e 4 goles.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies