O RC Deportivo confirmou a fichaxe do lateral esquerdo Luis Ruiz, que as derradeiras duas tempadas xogou no CD Lugo, no que na primeira destacaou e na segunda as lesións mermaron o seu rendemento.
O onubense saeu das categorías do Atlético de Madrid para xogar en 2ª B co Leganés, co que acadou o ascenso a 2ª División e a 1ª División. Tras este ascenso asinou co Cadiz CF do que chegaba depois ao clube lucense.
Un total de 82 encontros leva disputados na 2ª División con máis de 6.500 minutos acumulados.
Esta é a 7ª fichaxe do Depor 2018/19, e como mínimo espérase a chegada dun dianteiro, que podería ser Samuele Longo e un central que podería ser Peru Nolaskoain, amén de algunha sorpresa que puidera haber de darse as circuntsancias posibles, ou da idea do adestrador Juan Antonio Anquela, que está encantado co rendemento dos fabrilistas. Deles destaca sobremaneira o central Mujaid, que podería ser o cuarto central alternando o filial e o primeiro equipo.
Luis Ruiz, que era un segredo a voces, dende fai un par de días, era o lateral que tiña amarrado Carmelo del Pozo, un rapaz de 27 anos de corte defensivo e que chega cun ano de contrato e outro opcional. Será presentado mañán martes e hoxe xa adestrou cos seus novos compañeiros.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es