CONFIRMADA A FICHAXE DO CENTRAL ABDOULAYE BA PROCEDENTE DO RAYO VALLECANO.

 

O RC Deportivo confírmanos a fichaxe do central Abdoulaye Ba, (Saint-Louis, Senegal, 1 de xaneiro de 1991). Tal como nos informa o clube : “Ba, internacional senegalés en 4 ocasións, chega ao Deportivo cedido até final de temporada polo Rayo Vallecano para cubrir a baixa por lesión de longa duración de Michele Somma.

Defensa central de físico impoñente, cos seus case 2 metros de estatura, foi fichado polo FC Porto con só 17 anos. O club do norte de Portugal foi a súa casa durante 9 anos, ata que en 2017 foi traspasado ao Rayo Vallecano. Con todo, durante a súa estancia no equipo de O Dragão foi cedido en numerosas ocasións.

Sporting Covilhã, Académica de Coimbra, Vitória de Guimarães, Rayo Vallecano, Fenerbahçe, Alanyaspor e 1860 München foron o destino do defensa africano, que acumula así ampla experiencia nas primeiras divisións de Portugal, España e Turquía e na segunda categoría de Alemaña e España. Ademais, co FC Porto chegou a disputar 3 encontros na Liga de Campións e co Vitória de Guimarães xogou 5 choques de Europa League, na que anotou 1 tanto.

Desde a súa aterraxe en Vallecas no verán de 2017 xogou 46 encontros (42 como titular), co cadro franxivermello, divididos en 26 en Primeira División (onde marcou o seu único gol como rayista, en campo do Español) e 18 en Segunda, ademais de 2 en Copa do Rei. A eses 46 partidos hai que engadir os 20 que disputou co Rayo durante a cesión da campaña 2014-2015.

Ba convértese deste xeito no primeiro xogador senegalés da historia do primeiro cadro do RC Deportivo. Con anterioridade, Momar Diagne (2008-10) e Bamba N’Diaye (2015-17) pertenceron á disciplina do Fabril”.

Abdoulaye ven a suplir a baixa por esión de longa duración do italiano Michele Somma. O senegalés cumpre os requisitos destes casos, pois ou tiña que estar nun equipo das ligas españolas, ou estar no paro.

-Foto : piratasdemuxia.es

-Texto : piratasdemuxia.es/rcdeportivo.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies