CONFIRMADA A FICHAXE DE SAMUELE LONGO POLO DEPOR

 

Xa o falábamos pola tarde deste venres de que había un “ruxe, ruxe” de que Samuele Longo estaba na Coruña e confirmouse como certo. O xogador italiano foi confirmado polo RC Deportivo como novo xogador do Depor 2019/20, o que da por segura a mracha de Fede Cartabía, que de seguro se confirmará en breve.

Samuele formouse  no Inter de Milán e xogou só 2 encontros oficiais, equipo do que saleu cedido ao Español de Barcelona co que xogou 13 encontros e marcou 5 goles, de aí ao Verona co que disputou 2 encontros marcando un tanto, e de aí ao Rayo Vallecano no que foi da partida en 9 encontros sen ver porta e en mitade da tempada desembarcou no Cagliari, xogando 22 encontros e sen ver porta. Foi cedido ao Froisone e xogou 18 encontros sen asinar ningunha diana, para chegar ao Girona no que fixo 13 goles en 34 encontros. O ano seguinte pasou as filas do Tenerife no que fixo 12 goles en 21 encontros, sendo estas duas tempadas nas que máis veu porta. O ano pasado estivo no Huesca no que xogou media tempada, e recalar no Cremonese.

Fixo a pretempada completa co Inter de Milán pero pecháronselle as portas ca chegada de Lukaku.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies