COÑECENDO O RIVAL : “O CASTELLÓN EMPATOU 9 ENCONTROS COMO VISITANTE, 7 DELES POR 1-1”.

 

O Castellón ten uns números no Grupo 2 da 1ª Federación como visitante que amosan un equipo moi difícil de batir e o cal sabe sufrir para gañar como visitante ainda que o resultado sexa axustado, e que ademáis cando perde tamén o fai de maneira moi axustada. Un dato da sua fortaleza defensiva e de aguantar e que como visitantes de 19 encontros que disputou 9 deles acabaron en empate e destes empates 7 foron por 1-1, e os outros dous por 0-0.

No que se refire a vitorias gañou en 4 ocasións, Contra o Bilbao Atlhetic por 0-2, contra o UD Logroñés por 0-1,ao ingual ca contra o Alcoyano e contra o Osasuna B o resultado foi de vitoria por 1-2, encontro no que marcou máis goles como visitante.

Xa no eido das derrotas acadou 6, todas elas por resultados axustados, 3-2 fronte a Barcelona B, 3-1 ante o Intercity e Sabadell, e 2-1, ante Amorebieta, (campión da liga), Nastic e SD Logroñés.

Os seus máximos goleadores son Dani Romera, (9), Manu Sánchez, (7) e Raúl Sánchez, (6), nun equipo que reparteu antre 15 xogadores os 46 goles que marcou, vendo porta cunha media de cada 74 minutos e recibindo goles cada 104.

Dise moitas veces que as estatísticas non valen para nada, pois un penalti, unha xpulsión prematura, un mal árbitro, un mal día…hai moitas cousas que poden tirar todo polo chan, pero as estatísticas poden servir para facerse unha idea dun adversario. Non é o mesmo unha foto dunha persoa soa, que estando a carón dun coche que coñecemos, para saber se é alto ou non…co que te vas a atopar cando o teñas en fronte, valga este paradigma para entendelo.

-Foto montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies