COÑECENDO AOS NOSOS VECIÑOS DA COSTA DA MORTE : “O QUEIMACASAS”.

Unha queimacasas nunha fenda do peirao de Muxía.

 

A “Queimacasas”

Aqui vos traemos un novo “veciño” da nosa costa que moitos coñeceredes de velos correr polas pedras, fendas das paredes dos peiraos de atraque, ou mesmamente polas escaleiras dos mesmos. É o “Pachygrapsus marmoratus”, un decápodo, (que ten 10 patas), ou como lle chamamos nós o “Queimacasas”, que pasa moitas horas fora do auga, e non vive máis aló dos 2 metros de profundidade. 

Ninguén explicou o porqué do seu nome, pero está extendido por toda Galicia, ni estado español, sgundi as zonas, chámanlle “Cangrejo Corredor” “Mulata”, “Maragata” ou “Zapatero”. Ainda que é comestible, non ten un sabor moi agradable, a diferenza de moitos dos seus parentes, non vale nen para arrimarlle a un arroz, ou para un fumet, cousa que por outra banda fai que sexa abundante.

Tamén é usado por algúns pescadores  para a pesca da Robaliza, ou para os que andan a Raña, un tipo de pesca no que a liña arrastra unha pedra polo fondo cunha pedra no chicote e amarrado a pedra, antes, poñíaselle un peixe ou un cangrexo, hoxe en día xa lle amarran peixes ou cangrexos de plástico. A Raña é un estilo de pesca do polbo, que se tira sobre a pedra coa carnada e queda enganchado nos anzois que agocha.

En Muxía chamábaselle antigamente “Queimacasas”, a unha persoa que escapaba de dar a cara en calquera situación, imitando a este “veciño” da nosa costa que cando ve chegar a alguén, primeiro queda parado “a ver se non me veu”, e de súpeto cunha rapidez enorme escapa a agocharse antre as pedras, ou na fenda que atope .

-Texto e Foto : piratasdemuxia