COÑECENDO AOS NOSOS VECIÑOS DA COSTA DA MORTE : “O PEIXE LÚA” OU “RODA”.

 

Fermoso, curioso, estraño, simpático…poden usarse infinidade de adxetivos cando vemos por primeira vez a un esppecimen destes, o “Peixe Lúa”, ou unha “Roda” como o coñecemos en Muxía e en moitos pobos mariñeiros da Costa da Morte.

O nome xerál en todo o mundo é o de “Peixe Lúa”, no idioma que toca, agás en inglés, que é, “Sunfish”, ou sexa “Peixe Sol”. En castelán, “Pez Luna”, pero en Andalucía ten unha variante chámanlle, “Mula”. Aque se debe isto?…pois ten referencia ao seu nome científico, “Mola Mola”, que ven do latín, “Roda de muiño”, o que en galego é unha “Moa”, e que corrobora o porqué os nosos antergos lle chamaron na nosa zona, “Roda”.

Nas curiosidades do seu nome temos aos alemáns que ademáis de chamarlle coma a maioría, (Peixe Lúa), chámanlle, “Schwimmender Kopf”, “Cabeza que nada”, ou os polacos que lle chaman, “samogłów”, que quer dicir, “Cabeza soa”. 

 

 

O seu nome ven da sua costume de deixarse de canto a valga polo mar abaixo levado ca corrente, en especial para que as aves mariñas os liberen de parásitos. Non é raro ver unha gueivota enriba dun de gran tamaño, peteirándolle, para esto a evolución fixo que teña un párpado moi groso, que evita que lle piquen os ollos. Esta costume de estar de canto na fror da auga é a causante de que se lle chame “Peixe Lúa”, ou para os ingleses “Peixe Sol”, xa que lembra o refrexo de ambos astros na auga. Evidentemente o de “Cabeza soa” dos alemáns e polacos e porque parece unha cabeza con aletas.

É un peixe moi pacífico, e nen loita o ser capturado e polo xeral nos artes de pesca acostuma a vir vivo e ser devolto o mar. En Xapón, Taiwán ou Corea téñeno catalogado coma un peixe exquisito e consúmeno, pero na Unión Europea está totalmente prohibida a sua captura e comercialización. 

Fai uns anos no noso barco cun especimen morto un biólogo que nos acompañaba fixo unha disección dun, e só ten carne no lomo superior, o resto é tripas, graxa e texido óseo.

Pode alcanzar os 3 metros de diámetro e pesar 2 toneladas. Eu o de maior tamaño que vin, que nos ven enganchados nas redes, tiña metro e medio de diámetro. Non teño constancia de que se vira pola nosa costa un especimen das dimensións dos que se ven no Caribe ou no sur asiático. Non fai moitos días na costa de Ceuta capturou un arrastreiro un de gran tamaño, pero moi inferior aos que me refiro. Está considerado o peixe óseo que alcanza maior tamaño e que máis cría, con máis de 300 millóns de ovos en cada posta, para asegurar a descendencia, pois coma tódolos animais mariños teñen unha enorme mortandade por diversas causas, en especial a evolutiva, pois son alimento para moitos outros seres, na cadea trófica.

Para o seu estudo, na colaboración altruista que temos ca Casa dos Peixes da Coruña, (Acuarium Finisterrae), abastecémolos de varios especímenes fai uns anos, polo que me comentaban que a sua vida en cautividade anda en torno aos 10 anos, pero non saben a sua lonxevidade no mar.

Coma tódolos animais, coñecidos, que collen gran tamaño no noso planeta, aliméntase dun animal que aporta moi pouco o organismo. Temos o elefante, a xirafa, ou o hipopótamo, que comen herba, a balea ou o tabeirón balea, que comen planton e son todos eles descomunais, pois o “Peixe Lúa”, non lle fai falla tampouco xantar chuletóns, aliméntase especialmente de medusas, que són nun 95 % auga.

Xa coñecedes a un animal máis da nosa costa, que nos visitan en moitas ocasións durante o ano, e que nesta época acuden a visitarnos en especial exemplares de pequeno tamaño.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia