Comunicado en favor de Manolo Corredoira

A gota que colmou o vaso foron unhas críticas nun encontro de base.

-Comunicado en favor de Manolo Corredoira-

-Dimiteu do Sp. Zas por críticas a sua labor e será sustituido por José Barca-

 Cada vez que houbo un mal arbitraxe ante os equipos do Sporting Zas, as miradas foron cara o banco do equipo do equipo que viste ca bandeira galega, e nél ainda que non estivese presente a cabeza visible era Manolo Corredoira, Subdelegado da RFGF en Baio. Esto foi minando tanto o clube coma ao propio adestrador, que tiña pensado presentar a sua dimisión o luns, pero que a adiantou ao mércores. A gota que colmou o vaso foi nun encontro de base antre o CD Concello de Zas e o Sporting Seaia, no que Manolo Corredoira non estaba presente por atoparse en Vigo. O ex adestrador zacense fálanos de “pasar páxina” e do “abraiado que quedei da inxente cantidade de mensaxes de apoio que recibín”. Pola sua banda o Sporting Zas informaba da dimisión do técnico no seu FaceBook desta maneira : “Chegou o día que moitos buscaban ultimamente!. Dende hoxe, Manuel González Corredoira deixa de ser adestrador do Sporting Zas. As críticas, inxurias, inxustizas, mentiras e sobre todo, desprestixio que este home leva a sufrir desde fai uns meses, fai, que moito ao seu pesar e sobre todo ao noso, decida que é o momento de deixar o barco. Un barco no que leva máis de 30 anos subido, loitando desde ben cedo, cando este clube paseaba por Preferente, ata día de hoxe, con subidas e baixadas, días bos e días para olvidar, pero sempre co sentimento deste clube tanto na mente coma no corazón.  Hoxe, por culpa dun par de “bocachanclas”, o noso míster decide deixar paso a unha nova etapa.

El marcha para que o seu nome non involucre o deste clube; marcha, pero os árbitros quedan e serán os mesmos! Así que a partires de hoxe, cando un equipo perda por algunha razón con nós ou co Clube Deportivo Concello de Zas (que parece que algún non se enterou de que son clubes distintos, con CIF distintos), cando iso pase, de quen será a culpa?

Non vale a pena perder un minuto máis con xente que non ve máis aló do seus pés…O único que nos importa é que o noso míster sepa que foi, é, e será un pracer e sobre todo unha HONRA poder compartir vestiario con el todo este tempo!. Sabemos que isto nunca vai a ser un adios, senón un ata vernos. 

O noso obxectivo máis que nunca é conseguir a toda costa esa ansiada permanencia e adicarlla a quen nos guiou durante esta tempada e media.

GRAZAS ETERNAMENTE MÍSTER!!!!”…Así era o comunicado que o Sporting Zas publicaba no seu FaceBook e que non publicamos ata hoxe por non habernos enterado do mesmo.

++++++

Manolo Corredoira abraiado cos ánimos recibidos do fútbol da costa

Manolo Corredoira non quer darlle máis “bombo ao asunto”, prefire “pasar página y lo que mas me reconforta é la ingente cantidad de mensajes de apoyo y ánimos que recibí. Nunca me esperaría tantos, creo que casi tódolos clubes, así como jugadores, directivos, entrenadores, gente de toda la Costa que me mostro su cariño”. Para Corredoira, esta era unha decisión que adiantou e que tiña pensado facer canso destas cousas e manifestounos que dende o Sporting Seaia recoñeceron haberse equivocado nas suas manifestacións : “El chaval del Sporting Seaia me llamó, pidiendome perdón que se había equivocado que no pensó que la cosa se magnificase tanto y hasta que dimitiese”. Unha cousa que agradece o ex adestrador zacense e que fala moi ben do seaies”.

+++

“Dende www.pratasdemuxia.es o noso apoio e as gracias por toda a sua colaboración no referente ao Sporting Zas e a tódalas suas categorías dende que colleu as rendas do equipo”.

+++++

José Barca será o sustituto no banco

Nunha difícil situación que vive o Sporting Zas na Liga da Costa o elixido para coller as rendas do equipo é o carballés José Barca, contrastado técnico na costa que nos derradeiros anos fixo unha grande laboura no SD Ponteceso ou Tordoia SD.

+++++++

Comunicado de apoio a Manuel Corredoira

(Seleccionadores da Costa Sub 12 e Sub 15)

A familia das Seleccións comarcais da Costa da Morte, todos os que formamos parte do grupo de traballo tanto do combinado sub12 como do sub15, queremos amosar o noso apoio incondicional a Manuel Corredoira ante as inxustificadas críticas que lle obrigaron a presentar a súa dimisión como adestrador do Sporting Zas.

Queremos animalo para que siga traballando polo ben do Fútbol da Costa, pois é claro e notorio o gran impulso que tivo o noso deporte dende a súa chegada á Subdelegación da Costa da RFGF. Os que traballamos con el dia a día só podemos destacar o seu traballo, ilusión e implicación, así como a súa independencia e honestidade para desenvolver as súas diferentes tarefas. Ademais temos tamén que agradecerlle a confianza que brindou en cada un de nós para levar a cabo este proxecto magnífico e único, e a liberdade que nos deixa para desenvolver as nosas labores. Un proxecto que permite a moitos rapaces da zona vivir experiencias inesquecibles por toda Galicia, e do que el é un grandes artífices.

  • Asinado por:

Josiño Abelenda, Martín Vecino, Adrián Varela, Jose Barca, Juan Manuel Marcote, Óscar Leis, Joaquín Quintáns e Alberto Pose.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-