COMUNICADO DO RC DEPORTIVO EN APOIO DE ÁLEX BERGATIÑOS E DE INCREDULIDADE ANTE OS ATAQUES APESTOSOS DA LIGA E O FUENLABRADA.

Álex estamos todo contigo o de roubar e manipular é dos que che acusan.

 

Ante a aberración por parte da Liga na que o Tebas e o Fuenlabrada  válelles todo para tratar de tapar as suas merdas e desestabilizar, desta volta meténdose cun dos iconos do deportivismo e do fútbol español en honrabilidade e educación como é o noso capitán Álex Bergantiños o RC Deportivo fai un comunicado de apoio o xogador e de incredulidade ante un ataque máis o noso clube :

Tras a filtración e publicación dun audio privado de Álex Bergantiños aos seus compañeiros, o inmediato anuncio de denuncia do CF Fuenlabrada, a efectiva denuncia de LaLiga e a rápida intervención policial no caso, tomando declaración ao xogador Deportivista esta mañá na Coruña por parte de axentes desprazados desde Madrid, o Real Club Deportivo quere:

– Manifestar o total e incondicional apoio ao seu capitán Álex Bergantiños, exemplo de honradez, honestidade e valores deportivos e persoais durante toda a súa longa carreira. Un reflexo fose e dentro do terreo de xogo do que significa o Deportivismo e os principios innegociables do deporte.

– Expresar a nosa incredulidade pola interpretación totalmente sacada de contexto das súas palabras, que só trataban de querer buscar unha forma de visibilizar a protesta que desde o Club está a realizarse polo atropelo que estamos a sufrir por parte da dirección de LaLiga.

– Mostrar a sorpresa e indignación por esta nova sucesión de acontecementos, proba que desde a presidencia de LaLiga quérese seguir embarrando o terreo de xogo para tapar todas as graves neglixencias e irregularidades cometidas contra a competición, o Real Club Deportivo e outros clubs membros de LaLiga.

– Os últimos, esta última fin de semana, cando o domingo cunha capacidade de premonición asombrosa, desde LaLiga convócasenos ás 18:37 h. para pasar os test médicos o luns ás 09:00 h. en previsión da celebración do partido o mércores, confirmándose a súa celebración por parte do Comité de Competición o luns ás 18:30, así como ás 19:17 h. a realización de novos test ás 13:00 h. do martes. Inmediatamente o Club solicitou o aprazamento do partido recibindo resposta de LaLiga ás 23:21 h. rexeitando a nosa solicitude e tachándonos de neglixentes. Desde as 13:39 h. do martes, cando xa realizaran test 10 xogadores do persoal e estamos en disposición de xogar, empezamos a recibir máis de 30 chamadas de LaLiga solicitando asinemos o acordo de solicitude de aprazamento do partido ao venres (previamente asinado por Fuenlabrada e LaLiga). O farol de LaLiga saíra mal. O Dépor quere e pode xogar o partido desde onte, polo que LaLiga puxo en marcha toda a súa maquinaria mediática para impedir a súa celebración e buscar culpabilizarnos, empezando por manchar o bo nome do noso capitán.

– Facer un chamamento á calma e responsabilidade de todo o Deportivismo. Queren converternos en culpables cando só somos unhas vítimas máis do circo do presidente de LaLiga e a súa contorna nunha huída cara adiante para tentar eludir as súas responsabilidades en varios ámbitos. Queren abocarnos a incumprir as nosas obrigacións para xustificar os seus atropelos. Deportivistas, non podemos caer na trampa, deamos exemplo do mellor dos comportamentos. Temos que xogar o partido o venres ás 20:00 h. e saír a gañalo no campo. Imos gañar, pero sobre todo imos gañar o partido que estamos a xogar nos despachos pola limpeza da competición e dunha organización e a súa contorna que está a mostrar a súa cara máis escura contra un dos seus clubs membros.

– Agradecer a todos os futbolistas do persoal o esforzo que están a facer para poder participar no partido final dunha competición adulterada. Queren xogar e estamos preparados para xogar. Vos Nosos están a mostrar o seu compromiso co Deportivo e co deporte que aman e os seus valores, os mesmos aos que sistematicamente se está atacando desde que o pasado día 20 cometeuse un erro que os dirixentes de LaLiga son incapaces de liquidar sen prexudicar a ningún dos clubs aos que deberían representar con equidade, imparcialidade e afastados de todo interese persoal.

# esDÉjusticia