COMUNICADO DO PONTECESO SD AFECTADO POLAS MANIFESTACIÓNS SOBRE OS WHATSAPP DUN XOGADOR SEU E OUTRO DO MAZARICOS QUE FORON SACADOS DE CONTEXTO.

A polémica ben tralo Ponteceso-Mazaricos de final de liga.

 

Os whatsapp antre dous xogadores do Ponteceso e Mazaricos de coña, tal e como se puido comprobar na publicación dos mesmos por parte do CF Mazaricos, que vos achegamos no día de onte, suscitaron unha polémica que a todas luces parece, e tal como apuntaba o equipo mazariquense, “sacada fora de contexto”, estase a extendendo demasiado. Xa o vivimos non fai moito cando lle pasou a Álex Bergantiños antes do coñecido encontro do “paripé” antre o Depor e o Fuenlabrada, e que os madrileños desvelaron buscando intereses ocultos, que os xuices mandaron de primeiras a papeleira.
Onte a última hora o Ponteceso SD tamén sacou un comunicado, que aquí vos traemos e no que defende a sua honrabilidade, a tenor das voltas que deu o asunto.
COMUNICADO OFICIAL PUENTECESO SD
Despois de ver a onde chegou un simple bulo, vémonos obrigados a responder e dar as nosas declaracións como entidade afectada.
Estamos nun país en democracia, cada un é libre de facer e desfacer como lle apeteza, pero sempre baixo o amparo dunhas normas e leis.
Existe a libertade de expresión, pero non todas as opinións son respetables: nós podemos dominar un pouco sobre como xestionar unha entidade de fútbol e dar a nosa opinión sobre iso. E tamén podemos opinar sobre o proceso dixestivo dos cocodrilos do Nilo, pero esa consideración non tería ningún valor nin se podería ter en conta, porque non dominamos ese tema.
Os que nos coñecedes sabedes que os nosos valores nunca permitirían unha acción como a comentada no famoso audio, enviado entre dous amigos e rivais no campo, unha conversación máis ou menos acertada, pero que non ten maior transcendencia dentro do contexto no que se produciu.
Cada un é libre de valorar se os comentarios están de máis ou de menos, pero o que non estamos dispostos é que a un clube con case 59 anos de historia quede como un equipo corrupto, antideportivo e que acepte sobornos, como estos días se está deixando quedar ao Puenteceso SD.
A integridade está impregnada na directiva que xestiona esta entidade porque un dos pilares fundamentais, para nós, é a educación de máis dun centenar de nenos e nenas que pasan cada día polas nosas instalacións, nenos e nenas que tamén se viron afectados no colexio por comentarios de mal gusto na xornada de luns e que non esperamos que mañá se repitan.
Non pedimos que compartades a nosa forma de pensar e proceder, nin nos consideramos mellores ca ninguén, pero non podemos permitir que intentedes menospreciar e se insinúen ou afirmen acusacións tan graves como as que levan circulando as últimas 72h polas RRSS.
Fomos, somos e seremos un club cuns valores definidos, os mesmos que foron recibindo unha directiva tras outra dende 1963, e entre eles non están a antideportividade, soborno e compra de partidos.
Gustarianos deixarvos dúas reflexións:
-Si o voso/a fillo/a, familiar, amigo/a fora o único mencionado nese mesmo audio, sabendo que todas esas acusacións, insinuacións, inxurias e difamacións foran mentira, ¿como vos sentiriades?
-Si o voso/a fillo/a con 6-7-8 anos, chegara do colegio chorando porque lle chamaron pesetero e vendido por xogar no club XXXXXXX, derivado dun audio similar ao xa coñecido, ¿como vos sentiriades? Intentade empatizar e poñervos na piel dese neno/a que chega chorando, que sufre sin ningún motivo para facelo…
Para rematar, darlle as gracias a todas as persoas que se molestaron en escribirnos e apoiarnos de forma incondicional, de maneira pública como privada, e que non dudaron en ningún momento sobre a non veracidade das acusacións que se fixeron, ben sexa con insinuacións ou con afirmacións.
Darlle as gracias de forma especial a:
Concello de Ponteceso
Mato
Suso da Torriña
CD Baio
CF Dumbría
SD Sofán
Bergantiños CF
Quepasanacosta
Esperamos que toda esta historia finalice aquí dunha vez por todas.
Vémonos nos campos de fútbol
Directiva Puenteceso SD
-Foto e Texto : Ponteceso SD

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies
PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com