COMUNICADO DO DEPORTIVO LICEO, ÚNICO PERXUDICADO DA DECISIÓN DE DAR POR ACABADA A OKLIGA E DAR O BARCELONA COMO CAMPIÓN.

O Deportivo Liceo é o único perxudicado da decisión da RFEP.

 

Tras haber dada por finalizada a OKLiga a Federación Española de Hoquei, deron como campión o Barcelona FC, que ía primeiro nunha liga que era cousa de dous, os cataláns e oequipo máis laureado de Galicia. Nunha tempada na que por arriba e por abaixo queda como está sen descensos, pero si haberá ascensos da OKPlata.

O Deportivo Liceo fixo un comunicado en relación a decisión de dar a liga por concluida, sentíndose os principais perxudicados, xa quevos liceistas xa fixeran chegar a sua postura de acabar a liga ainda que fose en Xunio ou Xullo.

COMUNICADO
Coñecida a decisión comunicada esta mañá pola Real Federación Española de Patinaxe ( RFEP) de dar por concluída a OKLiga 2019-20, proclamando campión ao Fútbol Club Barcelona, anulando calquera tipo de descenso e autorizando o ascenso do primeiro clasificado de cada un dos dous grupos de OKPlata, o Deportivo Liceo quere expresar que:
1. O Deportivo Liceo se mostrou sempre partidario de finalizar a competición se as condicións sanitarias o permitían, tanto nos meses de xuño e de xullo, e a porta pechada se así o requerían as autoridades competentes. Tanto o club como a Asociación de Clubs de Hóckey a Patíns ( ACHP) mostráronse sempre a favor de negociar coa RFEP o modelo de competición, polo menos para xogar polo título, a teor do punto seguinte.
2. O Deportivo Liceo, no afán de que non houbese ningún equipo prexudicado, non se opuxo á anulación dos descensos a OKPlata e a aprobación dos ascensos a OkLiga, a pesar de que sempre entendió prevalecente o finalizar a competición, e, por tanto, que houbese o mesmo criterio coherente, pola parte alta e pola baixa da táboa. Non sendo iso, non prexudicar a ninguén e sé beneficiar a competició n supondría permitir loitar polo título (a ninguén prexudica), aínda sen descensos e sé con ascensos. De ahí, tamén, a postura da ACHP.
3. Seguindo esta línea, o Deportivo Liceo entende que disputar unha final a 2 ou a 4, sempre atendendo a criterios de saúde, non perxudicaríá ningún outro club e beneficia ao hóckei nacional.
4. O Deportivo Liceo sente o principal e o único prexudicado dunha decisión que podería modificar claramente o modelo de competición para a próxima tempada, atacando unha vez máis os intereses da nosa entidade.
5. O Deportivo Liceo felicita ao Fútbol Club Barcelona polo título de OkLiga, e confía en que, polo ben do hóckei sobre patíns, a decisión acatada sirva polo menos para abrir unha profunda e ampla reflexión que permita que o noso deporte poida afrontar a transformación necesaria para afrontar retos futuros.

-Fotos e Texto : Deportivo Liceo/piratasdemuxia.es

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies