COMUNICADO
Coñecida a decisión comunicada esta mañá pola Real Federación Española de Patinaxe ( RFEP) de dar por concluída a OKLiga 2019-20, proclamando campión ao Fútbol Club Barcelona, anulando calquera tipo de descenso e autorizando o ascenso do primeiro clasificado de cada un dos dous grupos de OKPlata, o Deportivo Liceo quere expresar que:
1. O Deportivo Liceo se mostrou sempre partidario de finalizar a competición se as condicións sanitarias o permitían, tanto nos meses de xuño e de xullo, e a porta pechada se así o requerían as autoridades competentes. Tanto o club como a Asociación de Clubs de Hóckey a Patíns ( ACHP) mostráronse sempre a favor de negociar coa RFEP o modelo de competición, polo menos para xogar polo título, a teor do punto seguinte.
2. O Deportivo Liceo, no afán de que non houbese ningún equipo prexudicado, non se opuxo á anulación dos descensos a OKPlata e a aprobación dos ascensos a OkLiga, a pesar de que sempre entendió prevalecente o finalizar a competición, e, por tanto, que houbese o mesmo criterio coherente, pola parte alta e pola baixa da táboa. Non sendo iso, non prexudicar a ninguén e sé beneficiar a competició n supondría permitir loitar polo título (a ninguén prexudica), aínda sen descensos e sé con ascensos. De ahí, tamén, a postura da ACHP.
3. Seguindo esta línea, o Deportivo Liceo entende que disputar unha final a 2 ou a 4, sempre atendendo a criterios de saúde, non perxudicaríá ningún outro club e beneficia ao hóckei nacional.
4. O Deportivo Liceo sente o principal e o único prexudicado dunha decisión que podería modificar claramente o modelo de competición para a próxima tempada, atacando unha vez máis os intereses da nosa entidade.
5. O Deportivo Liceo felicita ao Fútbol Club Barcelona polo título de OkLiga, e confía en que, polo ben do hóckei sobre patíns, a decisión acatada sirva polo menos para abrir unha profunda e ampla reflexión que permita que o noso deporte poida afrontar a transformación necesaria para afrontar retos futuros.