COMUNICADO DO DEPORTIVO CONTRA A REVENTA DE ENTRADAS.

COMUNICADO RC DEPORTIVO

O Real Club Deportivo de La Coruña, SAD comunica a todos os deportivistas a efectos do próximo partido do xoves, día 20 de xuño de 2019, ante o RCD Mallorca, SAD o seguinte:

– Numerosos deportivistas dirixíronse ao Club ao longo dos últimos días ao obxecto de informar e denunciar diferentes supostos de revendas de entradas e carnés da Temporada 2018-2019, tanto en formato presencial como a través de diversos portais web.

– Neste escenario, o Club efectuou xa as oportunas comunicacións ás autoridades policiais competentes, facilitándolles numerosas probas ao obxecto de que estas implementen un dispositivo de control no Estadio ABANCA-RIAZOR.

– O Real Club Deportivo de La Coruña, SAD lembra a todos os deportivistas que a revenda de entradas ou carnés con ánimo de lucro é unha conduta fraudulenta que está expresamente prohibida no propio texto das entradas, sendo ademais unha infracción administrativa susceptible de multa, así como de sanción por parte do Órgano de Disciplina Social do Club.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es