COMUNICADO DO ACTUAL CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DO RC DEPORTIVO E XUNTANZA NA PRAZA DE PONTEVEDRA COA DESTITUCIÓN DE LUIS CÉSAR E OUTROS TEMAS..

 

O actual Consello de Administración do RC Deportivo liderado por José Antonio Armenteros, membro da candidatura de Fernando Vidal fixo un comunicado para explicar os pasos a seguir por este consello con data de caducidade, (14 Xaneiro), trala Asemblea Extraordinaria de Accinistas.

Di o comunicado de Armenteros e o seu grupo de traballo claramente que : “Vímonos obrigados a dar  paso ante a pasividade do Consello de Administración” e permanecen a estas horas e dende ás 17:00 horas reunido na Praza de Pontevedra xunto co Consello de Administración sainte liderado por Paco Zas e ademáis con Carmelo del Pozo e Richard Barral. Sobre a mesa a destitución de Luis César e a inminente chegada de Fernando Vázquez que xa comezaría mañán sábado a preparar o equipo para o encontro do 5 de Xaneiro en Soria, ante o Numancia que ven de sacarlle as cores o lider Cádiz na derradeira xornada de liga do 2019, (2-4).

 

COMUNICADO DO NOVO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN

Tomando posesión no día de hoxe o novo Consello de Administración do Club queremos facer constar que nos vimos obrigados a dar este paso, considerando que desde o pasado día 17 de decembro ata o día de hoxe o anterior Consello de Administración mantivo unha actitude de pasividade #ante a toma de decisións craves e urxentes para asegurar a supervivencia económica e deportiva do Club. Concretamente, é vital a firma do préstamo participativo que permitirá inxectar liquidez no Club para adoptar decisións deportivas e económicas urxentes. O mandato do actual Consello de Administración circunscribirase unicamente a tomar as decisións esenciais e inaprazables que afecten o Club ata o próximo día 14 de xaneiro, data en que o actual Consello de Administración dimitirá en bloque #a fin de que a Xunta Xeral Extraordinaria elixa un novo órgano de goberno.

 

 

LUIS CÉSAR DESTITUIDO

O técnico arousán, como xa estaba cantado, foi destituido, tras 12 encontros o fronte do equipo, 11 de liga e 1 de Copa, cunha vitoria en cada competición e 4 empates por 6 derrotas en liga. A luis César tocoulle lidiar cun equipo moi mal diseñado, con moitos xogadores que non timeron nen asomos de amosar o que saben, (se o saben). 

Extraordinario o seu papel de psicólogo saindo cada semana a palestra para defender o indefendible. Dende piratasdemuxia.es e a Peña Deportivista Os Piratas de Muxía, o noso agradecemento e o desexo de que todo lle vaia do milloriño.

Algún día voltará e de seguro que triunfará, pois non deixa de ser un bo adestrador e un dos nosos.

 

-Foto : piratasdemuxia.es

-Texto : piratasdemuxia.es/RC Deportivo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies