COMUNICADO DA PLANTILLA DO DEPOR :

A plantilla do Depor falando trala suspensión.

 

Dende o RC Deportivo fannos chegar un comunicado a plantilla do clube sobre todo o acontecido e o seu parecer. Tanto a LFP, como a RFEF e o CSD dan a calada por mensaxe, nun descalabro vergonzoso a nivel mundial do que son culpables, saltándose eles mesmos as suas leis e poñendo en perigo a saúde das persoas. En principio queren que se xogue o encontro o día 30 pero segundo nos chega por canles fora do RC DepOrtivo a idea parece ser que o equipo non se presente.

COMUNICADO

En vista do sucedido e as posibles consecuencias que estes acontecementos poidan carrexar para a competición e o noso Club, o cadro do Real Club Deportivo quere expor o seu punto de vista:

Onte luns 20 o equipo preparou o partido con total normalidade. O encontro íase disputar ás 21:00 h. en horario unificado. Así se decide, entendemos, pola boa saúde da competición, para non axudar ou prexudicar a cada un dos equipos que, nese momento, comparten obxectivos co Fuenlabrada e o Deportivo.

Sobre as 19:30 h., coincidindo coa nosa chegada ao vestiario, salta a noticia dos positivos por COVID no Fuenlabrada e a posible suspensión de partido, que se confirma máis tarde.

Durante ese tempo, antes da disputa dos partidos, e coa información da que se dispuña neses momentos, alertamos ao Director de Partido de LaLiga do atropelo que podería supor a non anulación da xornada para a integridade dunha competición que pasaría a estar adulterada.

Ao mesmo tempo pronunciáronse, de igual maneira, varios capitáns de diferentes clubs, os propios clubs e a AFE. Entendemos que a solución pasaba por pospor a xornada, como xa se fixese o ano pasado pola desgraciada morte dun compañeiro, e non pola solución chafalleira e precipitada que se acabou adoptando.

Por tanto, para nós, todo o sucedido desde o anuncio de suspensión do noso partido e non do resto da xornada, non ten ningunha validez á hora de determinar o desenlace dunha competición que debe decidirse sempre en igualdade de condicións.

 

-Foto e Texto :  RC Deportivo/Plantilla do equipo

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.