COMO XA ERA CANTADO : “FERNANDO VIDAL NOVO PRESIDENTE DO RC DEPORTIVO”.

 

No derradeiro minuto de presentación de candidaturas, Germán Rodríguez Conchado, coñecido polémico ex avogado do RC Deportivo presentou a sua candidatura individual, para competir con Fernando Vidal na loita pola presidencia.

Máis de 260 accionistas presentes na sala e máis de 1.700 representados en total, deron conta das votacións, tras permitir que 3 accionistas presentes falasen, a pesares de non entrar na órde do día.

O final e como xa estaba cantado, Fernando Vidal saeu elixido con practicamente tódolos apoios, como novo presidente do RC Deportivo.

 

Así quedaron as votacións dos puntos a aprobar :

 

 

 

 

 

Comezou saudando aos representantes da RFGF e a Augusto César Lendoiro e pideu un aplauso para o recentemente falecido nas Filipinas a Diego Bello.

Comprometeuse a “traballar con humildade e honradez e sacar o Deportivo do intre no que está pasando e remar todos na mesma dirección”.

Dixo que deron “un paso o fronte que supón compromiso e moito valor” e que non buscan “palmadas” e que : “todos coñecen a situación do club, deportiva, económica e social. É un momento sen precedentes, a ameaza do descenso a inferno a Segunda B cunha débeda que non convida o optimismo. Este grupo de deportivistas ao que síntome orgulloso de pertencer demos un paso á fronte proque non podemos permitir que isto se afunda. Non nos imos a render nin imos deixar morrer a este club. Dar este paso nas circunstancias que estamos a vivir supón compromiso e moito valor de persoas que non teñen que gañar e moito que perder. Non buscamos palmadas nin agradecementos, só o respecto do deportivismo”.

Quer que comecemos de novo : “Gustaríame que puxésemos o contador a cero para un proxecto común. Non vimos da man de ninguén, só de vós. Só debémonos a nós e a xestión será independente e libre”.

Falou do acordo “necesario” con ABANCA en especial para que non entrase un grupo extranxeiro que non coñecese o deportivismo : “Abanca rescatou ao Dépor dunha situación crítica. O acordo posibilita volver crer e que as fichaxes que podamos lograr grazas a esa inxección económica convértannos nun equipo competitivo. O rescate non reduce o noso sentimento de pertenza. Queremos que o deportivismo estea orgulloso deste acordo”.

Van a seguir apoiando o fútbol feminino e tratarán de darlle un volco a canteira : “para iso necesitamos ter os recursos necesarios e unha gran dose de paciencia por parte de todo. Hai que traballar para recuperar identidade propia, confiando nos nosos talentos locais e rexionais. Pero non pechamos as portas a ninguén”.

Terminou pedindo a “unión do deportivismo que estou seguro que coma sempre responderá. Si se pode…Forza Depor!!!”.

Así rematou unha Asemblea das máis tranquilas das derradeiras vividas nos derradeiros tempos, e que sería moito máis tensa de non ver abandonado o barco a diretiva anterior e estivese no estrado.

 

ROLDA DE PRENSA

Dixo trala asemblea en rolda de prensa que hai un par de fichaxes dos que se pecharán nesta noite e poderían ser anunciados mañán e que viran antre 6 e 9 novos xogadores e que varios poderían chegar antes do encontro do Domingo ante o Cadiz. Un dos que se fala que podería chegar mañán é o mediocentro defensivo Uche Agbe, xogador do Standart de Lieja e que xa xogou cedido no Granada, Rayo Vallecano ou Sporting Braga.

“Carmelo del Pozo está agora mesmo de vacacións e despois falaremos con él”.

“Esperamos que Çolak xa teña o transfer para enfrontarse o Santander e estes día traballaremos as saidas”.

Falou dun xogador que “virá do fútbol turko e que están traballando nisto”, (Celso Borges?).

Tratarán de chegar a un acordo para “xogar máis encontros ca camiseta de franxas verticais”, pero hai os intereses de Macron e da LFP.

Confirmou que se está “loitando por Insua”,e que están a espera de que o Huesca incorpore de un novo central e que “con Insua hai acordo total”, e que se fará un “equipo novo”, e que “antre todos ímos a conseguilo”.

“O adestrador sempre opinaron cando eu estiven no clube e Fernando que é un home da casa, por suposto que a sua opinión é fundamental”.

Augusto Lendoiro para Vidal “é unha institución no clube e será tomado como tal, pero non estará no organigrama do clube”.

“Se somos capaces de aguantarnos na Segunda despois trataremos de facer un proxecto ilusionante e tentar de volver a Primeira”.

Rematou decindo que “Barral está como asesor deportivo” do clube.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies