COMO CABÍA ESPERAR O COMITÉ DE COMPETICIÓN DA RFEF DEULLE O ENCONTRO POR GAÑADO AO DEPOR POR 3-0 E SANCIÓNS AO UD EXTREMADURA.

 

Todo o que non fose ir coa vara na man, sería escandaloso, e así o fixo o Comité de Competición, indo polo libro, deulle o encontro ao Depor por gañado, restoulle 3 puntos ao clube extremeño, sanción económica e aviso de que se repite será excluido da competición.

Vaia tamén por diante que nos xa sabemos ben o que é que os comités non fagan o establecido, coma en todo o que se fixo no “Caso Fuenlabrada”.

A de incomparecenza é unha lei para tódalas categorías do fútbol español, dende a base a 1ª División, sen diferenzas. Pero que nonguén se equivoque que os 3 puntos a estas alturas non son o máis importante. Son moitos negocios os que perden de gañar porque non se xogase o encontro, tanto na propia Coruña, coma nos pobos onde move economía o afeccionado e socio que se depraza a cidade herculina para asistir a Riazor, en especial a hostalería.

Con estes 3 puntos o Depor volve a estar a 3 dos seus perseguidores máis inmediatos, o Racing de Santander, Rayo Majadahonda, contra o que xogamos este vindeiro Domingo a partires das 12:00 horas, (11:00 GMT), e UD Logroñés.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies