COMEZOU A DESESCALADA NO DEPOR COS CHEQUEOS MÉDICOS AOS XOGADORES. ASÍ SERÁ A VOLTA A “NOVA NORMALIDADE”.

Os xogadores primeiro adestrarán en solitario.

 

Comezou no día de hoxe a desescalada no Depor cos chequeos médicos e as analíticas propias da pretempada. Os xogadores serán sometidos a estas probas antre hoxe e mañán. Xa o mércores osresponsables da Ligaencargados de realizar os test PCR para tratar de saber se algún xogador ten ou tivo o COVID-19.

Tras estas probas serán dous días de espara ata que Fernando Vázquez e o seu corpo técnico poda comezar a diseñar o plan de traballo. En principio serán os xogadores da primeira plantilla os que entrarán no protocolo para logo ir entrando os fabrilistas que acostuman a adestrar co equipo. Todo iso dentro do protocolo establecido pola Liga de adestramentos en solitario, para co paso dos días e se todo segue segundo o que se espera pasar a grupos reducidos, ata completar as pautas para pasar aos adestramentos de grupo completo. Cabe decir que en caso de algunha anomalía, todo se iría o traste e quedaría todo parado. Unha realidade evidente que está enriba de tódolos xogadores e equipos, e que da as craras o precipitado de todo con tal de satisfacer por parte de La Liga as televisión, antepoñendo os intereses económicos a saúde das persoas.

Os xogadores que adestrarán individualmente en solitario, deberán ir ca equipación posta da casa ata o lugar de adestramento e usar lubas e mascarillas antes de comezar os adestramentos. Terán que facer test diarios adicionais, así coma atodos aqueles que estén nos campos de adestramento, que deberán ser desinfectados. Na primeira fase os xogadorespoderán voltar a sua casa ca sua familia. 

Na Fase 2 o día anterior recibirán do clube un documento vía email, co que deben facer no adestramento do día seguinte, así como o horario que deben chegar. Deberán ir no seu coche e sempre co mesmo, e levar o vestiario de adestrar completo posto. No ximnasio poderá estar un só, ou dous e coa separación obrigatoria. Os clubes en bolsa pechada e deseinfectada daranlle os xogadores a roupa para o día seguinte e eles devolverán a usada para ser desinfectada e lavada.

Tras esto viran as Fase 3 e 4 as dos adestramentos en grupos reducidos e logo ao completo. Para as que haberá outro protocolo.

Se se conseguise chegar a comezar a disputar encontros, despois detrás viría todo o concernente a canto vai durar a liga, como se vai xogar, se se prohibirá aos afeccionados estar fora do estadio, se haberá devolución os cartos dos abonos ou se deducirá no carnet da temp0ada seguinte, que de seguro tamén comezará cos encontros a porta pechada, etc, etc, etc…unha cantidade inxente de cousas, pero a La Laiga só lle interesa encher a bolsa cas televisións, xa que en ningún intre se falou dos perxucios que van a sufrir os socios e afeccionados.

 

-Texto : piratasdemuxia.es

-Foto : RC Deportivo

 

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies