COMEZA O DESFILE DE FAMOSOS POR MUXÍA, JUANDE RAMOS E A PRESENTADORA MARTA DOVIRO PASARON POLA “LONXA D´ÁLVARO”.

Juande e Álvaro coa camiseta da afección muxiana.

 

Dende que abreu o Parador de Lourido, (Muxía), son moitos os famosos e famosillos que se deixan ver pola Vila da Barca. Aproveitan a pernocta no mesmo para disfrutar da gastronomía, e da tranquilidade do pobo, e os seus paseos. Tamén moitos coa extraordinaria mellora que deu a hostalaría, tanto de restauración coma de pernocta no pobo muxián, así como as instalacións deportivas, visítannos e pasan temporadas no pobo.

A apertura do parador, así coma os peregrinos e os iates trae a Muxía un ambente de verán, e no medio moitos famosos e famosillos, e un dos que se deixou ver foi Juande Ramos, ex xogador do Elche, e ex adestrador de Rayo Vallecano, Real Betis, Español, Málaga, Sevilla, Tottenham, Real Madrid, CSKA de Moscú e Dnipro, por nomear só aos máis famosos. Dirixeu preto de 900 partidos a grande maioría en Primeira División.

Juande pasouse a disfrutar da excelencias culinarias de “A Lonxa d´Álvaro”, do noso amigo, colaborador da web con publicidade e artigos, e cliente, Álvaro Rodríguez, o cal cada vez que lle pasa un famoso polo seu local e pode sair de antre os fogóns, aproveita para fotografarse con él ca camiseta da afección do Muxía CF, do que él foi xogador e presidente.

Juande despois de disfrutar da gastronomía do mar da nosa terra, quixo coñecer o autor dos xantares que degustou, e Álvaro ofreceulle a posiblidade de “para o ano se queda vacante, o posto de adestrador do equipo”, ao que Juande lle contestou : “veño tranquilamente e cobro só comida”, (antre risas). 

 

Marta e Álvaro

 

Outra que se deixou ver polo pobo e pola “Lonxa d´Álvaro” foi a actriz e presentadora de televisión, Marta Pérez, máis coñecida como Marta Doviro, alcume que adoptou do lugar do Viro, en Outees, de onde é a sua familia. Marta que se criou antre Corcubión e Muxía, foi compañeira de Xosé Ramón Gayoso, outro habitual dos veráns en Muxía, de onde é a sua muller. Marta presentou varios programas de televisión e de radio na galega, e foi 3 veces nomeada nos Premiso Mestre Mateo. Tamén participou como actriz en seris coma Luci e Pazo de Familia.

Marta posou con Álvaro ca camiseta da afección do Muxía e disfrutou das excelencias culinarias do restaurante muxián que ven de ser recomendado por segundo ano consecutivo na Guía Michelíne  que conta cun “Solete” da Guía de Repsol.

 

-Fotos : Álvaro Rodríguez

-Texto : Xosé Búa “Pirata”