Comeza mañán Domingo 8 de Setembro a 1ª Galicia G2 con 5 equipos costeiros e cun derbi por todo o alto. Os debutantes CF Mazaricos e Volantes de Baño CF temos que sumar aos CF Dumbría, CD Baio e SD Soneira que repiten e que o ano pasado fixeron unha campaña extraordinaria. Mágoa o descenso do SCDR Esteirana para ir facendo cada vez máis costeira esta categoría, xa que nos teñen condeados a xogar con equipos da zona de Santiago, que con todo o respecto do mundo, non dín nada no fútbol costeiro. Xa debería haber unha 1ª Galicia da Costa, pero están empeñados en que non, e sería boa economicamente para os clubes e para os pobos polo que arrastran os equipos da costa. A primeira proba xa se a de ver este Domingo co derbi antre o CD Baio e o SD Soneira no “Platas Reinoso”, que de seguro vai a ofrecer un ambente extraordinario. Será a partires das 19:30 horas ca arbitraxe de Miguel Suárez.
Ademáis deste derbi o resto de equipos da nosa zona xogan os 3 como locais. O Volantes de Baño CF que por primeira vez xoga nesta categoría recibe ao SD Agolada no “Eleuterio Balayo”, ás 17:00 horas coa arbitraxe de Marcos Bravo. O CF Dumbría recibe ao Cordeiro CF, (18:00 horas), ca arbitraxe de Diego Cedeira e o CF Mazaricos que recén ascendeu como campión da Liga da Costa recibe no “Pedra d´ouro” ao CD Unión a partires das 17:00 horas ca arbitraxe do costeiro David Vázquez.
A liga que comeza este 8 de Setembro en plenas festas de verán, rematará o 10 de Maio do 2020 tras 34 xornadas.
Toda a sorte do mundo aos nosos equipos, que teñan boa proa…
+++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es