Colas quilométricas en Riazor para facerse cunha entrada
Xa o decía en varias ocasións José Luis Martí o pasado sábado tras derrotar e deixar na cuneta ao Málaga CF : “O plus vai ser para os máis de 30.000 afeccionados que van a estar enchendo o estadio e que nos van a insuflar ese alento necesario e entre todos a ver se somos capaces de acadar ese ansiado ascenso”. E non ía mal encamiñado o seu discurso que escondía sen esconder a petición a afección de que se volcase. Un feito que coma sempre non falla e unha vez máis e as que fagan falta estará volcada co equipo.
Hoxe xa unha hora antes de que abrisen as taquillas había máis dun Km de cola na volta do Estadio de Riazor dende a porta dos Palcos VIP onde están as oficinas de atención o deportivista.
Todo presaxia que se vai a chegar o primeiro cheo da tempada, o vindeiro xoves ás 21:00 horas, (19:00 GMT), ante o Real Mallorca que deixaba na cuneta con moitos atrancos ao Albacete Balompié con 2-0 na ida e 1-0 para os albaceteños na volta.
PROBLEMAS PARA A COMPRA POR INTERNET
Son moitas as mensaxes que recibimos decíndonos que a compra por internet non vai. Consultamos ao clube e dinnos que hai problemas, pero son alleos ao club. Polo tanto o fallo ven dende o servidor das entradas. Esperan que se arranxe, pois é o único medio de mercalas para os de fora que non poden ir a Coruña a meterse na cola. todo será que sigades tentando a ver se arranxan o tema.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es