Equipo caionés que xogou no 2016 co Betanzos en Riazor.
Club do Mar de Caión, e Laracha CF, son os que se xogarán a 84ª edición da “Copa da Coruña de Fútbol Afeccionado”. Os caioneses derrotaban por 2-0 ao UD Carral, nun encontro que acabou moi tenso e con dous expulsados, (un deles o adestrador), xa en tempo de desconto, cando marcaban os caioneses o segundo que finiquitaba o choque.
Pola sua banda o Laracha deixaba fora da final ao Olímpico CF, nun disputadísimo encontro, no que se adiantaban os de Rutis e remontaban os laracheses para irse o descanso cun craro 1-3. Na segunda metade reaccionaban os “olímpicos”, e poñíanse 3-4, para dar emoción ao choque ata o pitido final.
GRAN FINAL
Olímpico CF-Laracha CF
Día : 17/06
Hora : 20:00
Campo : Estadio de Riazor
Arbitro : Diego Cedeira Méndez
-Foto : FaceBook Club do Mar de Caión
-Texto : piratasdemuxia