CLAUDIO BEAUVUE DEIXA O RC DEPORTIVO DEIXANDO PARA A HISTORIA UN PAR DE “BOFETÓNS” AO FUENLABRADA.

 

O paso de Claudio Beauvue polo RC Deportivo sería totalmente efímero de non ser a sua historia de percorrer máis de 5.000 Kms para estar no encontro do “paripé” ante o Fuenlabarada, que que auspicio de Javier Tebas e toda a inmundicia que forma o fútbol profesional español. Un choque no qe buscaban meter ao equipo madrileño, que saeu inmune de toda clase de neglixencias, que de tratarse de outro equipo, hoxe en día estará descendido e cunha sanción na medida das suas falsedades e infraccións, pero se para a historia quedan o par de “bofetóns” que lles deu Beauvue, tamén queda o podrido que está o fútbol español, co beneplácito dos seus presidentes, que apoiaron a Tebas, xunto co CSD e outros estamentos, para avergoñar mundialmente o fútbol e o “Fayr-Play”.

O guadalupeño con dous goles impideu que o Fuenlabrada entrase no “Play-Off” de ascenso a 1ª División, tal e como pretendian dende a secta futbolística.

Como nos informan dende o RC Deportivo, (que era algo esperado pola afección) : “Claudio Benoît Beauvue (Saint-Claude, Guadalupe, 16 de abril de 1988) non continuará xogando no RC Deportivo. O dianteiro guadalupeño chegara ao Dépor no mercado de inverno da temporada 2019-2020 e pecha a súa etapa na Coruña con 1.050 minutos repartidos en 28 encontros nos que anotou 3 goles.

O Real Club Deportivo quere agradecer sinceramente a Beauvue o seu traballo e aposta polo Dépor en momentos complicados, desexándolle os maiores éxitos nos seus futuros proxectos profesionais e persoais”.

“Igualmente dende “Os Piratas de Muxía” e www.piratasdemuxia.es queremos agradecerlle a Beauvue a sua participación no noso clube e desexarlle a maior das sortes no futuro”.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia