Beauveu quecendo na bada en Riazor.
O recén chegado dende terras viguesas Claudio Beauveu xa sabe porque o RC Deportivo é “grande”. Non polos seus títulos e pola sua historia, (que sí o é), pero o valor máis grande que ten o clube branquiazul é a sua afección.
O xogador guadalupense que entrou na convocatoria tras un só adestramento cos seus novos compañeiros veu como un equipo que estába en descenso tiña na grada a preto de 25.000 afeccionados entregados de principio a fin do encontro, e que cando saltou a facer exercicios de quecemento na banda de Tribuna que colle parte de “General” recibeu o aplasuso dos afeccionados, aos que correspondeu cun sorriso e devolveu o aplauso.
Beauveu, (botas amarelas) fundido co grupo tralo gol de Sabin.
O xogador parece xa involucrado no seu novo clube e cando marcou o Depor, Sabin Merino, (outro que xa respira deportivismo polo trato recibido dende a sua chagada), foi celebrar o gol o bandeirín da mesma zona do campo. O guadalupnse saltando de ledicia tirouse enriba do grupo dos xogadores que celebraban o gol coa mesma euforia. Tamén recibeu, (así como todo o equipo) o cariño dos afeccionados a saida do estadio no que en torno a 200 afeccionaods eperaron para fotografarse cos xogadores e en especial con Fernando Vázquez.
Non puido debutar por mor dunha lesión de Peru Nolaskoain que fixo que Fernando Vázquez trocase os seus plans e dera entrada a Álex Bergantiños no seu eido para apuntalar o medio do campo, pero xa sabe de onde veñen as diferenzas no fútbol galego e o porqué de que este clube sexa tan “GRANDE”.
O “Carlos Belmonte” hoxe pola mañán.
Falando da afección, xa esgotou un cento das arredor de 200 entradas que lle mandou o Albacete Balompié para o encontro do vindeiro Domingo 26 de Xaneiro no “Carlos Belmonte”, (16:00 horas-15:00 GMT), e que hoxe amanecía completamente conxelado.
-Fotos : RC Deportivo/piratasdemuxia.es/ Albacete Balompié.
-Texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.