Xa se ven pedindo dende o encontro ante a Cultural Leonesa cando se comezou a pedir que dimitise Óscar Cano. Nunha liga mediocre de nada que o equipo fixese algo fora da casa, (1 encontro gañado en todo o 2023), xa estaríamos ascendidos fai semanas. Puidemos ser o Santander da liga pasada, pero o adestrador andalúz non foi quen de facer que o equipo funcionase. O encontro de hoxe no que se puxeron 0-2 na primeira metade foi un espellismo do que somos xogando a domicilio, inferiores a tódolos equipos, sen capàcidade de reacción, e sen que dende o banco se fose quen de ler os encontros e darlle un xiro.
Fartos xa de tanta berborrea, de tanto falar barato, de tirarse frores enriba cos anos como adestrador, de menosprecio a rapaces que foron campións de España, e de aliñación de “amigos”, ainda non rendindo, de darlle a espalda a canteira campiona en tódalas categorías, e de tantas e tantas incongruencias, que deberían de ser penalizadas como lle pasa a calquera que non rinde no seu traballo.
A afección xa non aguanta máis e se xa era un clamor todas estas semanas hoxe estalou con centos de mensaxes contra Óscar Cano, a diretiva e a dirección deportiva en tódalas redes sociais, e ata a Federación de Peñas sacou un twitt pedindo a destitución de Cano, ao cal nos unimos, coma todo o deportivismo. O equipo viaxa de volta en autobús e a expectación está en saber o que decidirá a dirección deportiva no día de mañán. O ambente non é o máis idoneo para os “Play-Off”, e de non haber un golpe de timón podería significar un ano máis na mediocridade.
O clube ten mimbres dabondo dentro do organigarma como para levantar esto. Óscar Gilsánz ou Manuel Pablo, ou xuntos como tandem son adestradores totalmente capacitados para devolver a ilusión a afección e o clube ao fútbol profesional, algo altamente necesario para o futuro do clube. Dous adestradores, deportivistas, e que coñecen ao 100% os xogadores e todo o que envolve o clube.
Como socio, accionista e presidente-fundador da Peña Deportivista Os Piratas de Muxía, unímonos ao cento por cento o clamor popular. óscar Cano debe ser cesado por non ser competente para devolvernos a onde nunca debimos marchar.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto : RC Deportivo