CICLISMO : BARCA SUÁREZ : “NO CAMPIONATO GALEGO VEUSE A XENTE RESPONSABLE SABENDO O QUE TIÑA QUE FACER”.

Barca Toba competindo en Baño de Molgas este pasado luns.

 

A ciclista muxiana Barca Toba que ven de proclamarse o pasado luns, (tal como vos informamos), terceira do Campionato Galego Contrareloxo de Ciclimo disputado na vila ourensá de Baño de Molgas.

Barca que chegou a ir segunda acadou pois un brulante podio a pesares de correr sen ter referenzas das suas adversarias. Para Barca o campionato, dentro do que cabe foi normal, e a xente foi moi responsable a hora de cumprir con tódalas pautas marcadas polos protocolos COVID-19 : “Viuse que a xente e responsable e sabe o que ten que facer…Sempre en todo momento mantendo distancias e coa mascarilla posta”.

No que é a competición en sí foi normal : “Cas diferencias o de non poder saludarse, abrazarse ao acabar, o de ter que estar coa mascarilla ata 30 segundos antes… Polo resto todo normal”.

Agora para a ciclista muxiana, enrolada esta tempada no clube pontevedrés “Farto”, o que resta de tempada é un “enigma” : “A próxima competición que teño sería a finais de mes… Pero non está confirmada ainda. Todo depende de como evolucione esto. Teño duas opcions pero están no aire, a Copa de España en Valladolid de ciclismo, ou senon o Campeonato de España de duatlon en Sor”. Esto é o que espera Barca Toba que cruza os dedos para : “A ver si hai sorte e algunha delas a podo facer “.

-Foto : Barca Toba

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies