CHRÍSTIAN SANTOS PROTESTA POR NON XOGAR NUN MAL INTRE E SEN NADA QUE REIVINDICAR.

 

Chrístian Santos que polo de agora non ten moito de que presumir, agás nas primeiras xornadas nas que marcou, e na derradeira que deu unha asistencia de gol sin querer e que Koné convirteu en boa, amosouse contrariado por non ser valorado, por ser o “quinto dianteiro”, se él ten de que protestar, tería que respetar polo menos a Beto da Silva : “Non se como me atopo. Estou un pouco mosqueado. O que xoguei puiden achegar, de feito a única vitoria foi por un gol meu. Se un analízao ben, son como o quinto dianteiro. Están a poñerme a todos por diante. O ano pasado déronse os resultados, pero xa era algo similar. Son o primeiro que apoia ao equipo, que trata de mellorar, que busca solucións. Pero como que non me toman tanto en conta”, dixo o venezolano.

Non acepta que se fale só cos xogadores con peso na plantilla, cos capitáns, cré que se ten que falar cos 22 : “está a falarse máis con xogadores que supostamente teñen bastante peso no vestiario. Non se fala con todos os xogadores. Eu son máis tranquilo, non un deses pesos pesados, trato de facer o meu traballo e se me preguntan algo, ou queren algo de min, estou disposto a responder. Somos veintitantos e é importante a opinión de cada xogador, non de dous ou tres. Se queremos saír adiante hai que implicar a todos, non a uns poucos que se contan coa man”.

Chegou do Alavés, porque non se contaba con él ao non aportar o que eseparaban dél. Un xogador debe falar no campo, se é dianteiro con goles e con traballo e iste non é o intre para estas memeces, xa que ningún pode alzar a voz máis ca outros, pero adicou a rolda de prensa a buscar a polémica e pedir dende a cadeira, o que non reafirma no campo : “Eu trato de facer o mellor, achegar o mellor de min. Oxalá poida dar a mellor versión, pero creo que non está nas miñas mans. Gustaríame quedarme, pero se che poñen pedras e todo en contra é difícil manterche. Quero facer o meu mellor traballo, pero tamén ter apoio de parte de todos”.

O final pideu o apoio e a pacienza da afección, algo que él non amosou con estas verbas, vendo a situación, algo que nos parece, como socios, accionistas e peñistas, totalmente desafortunas.

Toda a rolda de prensa no vídeo de 14´55 minutos.

 

Luis César contestou na Radio Galega

O adestrador deportivista Luis César que gravou unha entrevista para “O Contrataque” da Radio Galega esta noite, foi preguntado polas verbas do uruguaio e segundo adiantaron os da “Galega” dixo que : “É un xogador que non ten os minutos que desexa. Pensa que ten que xogar máis e outros da súa posición, menos. Supoño que pide a suplencia dos que están a xogar de dianteiros, porque de porteiro non creo que queira xogar. Penso que non está acertado, pero non pasa nada”.

 

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

-Foto e texto: piratasdemuxia.es

Abaixo de todo da web nos nosos “Vídeos Recomendados” tes este vídeo e tódolos que sube o RC Deportivo, tanto do primeiro equipo coma do resto de cousas.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies